Saltar navegación

2.3. Diario de aprendizaxe

Lenzo en branco

Lenzo cun anaco de cor azul e ollos, mans, pernas e pés

Comezo a comprender por que non transmitía nada. Estes días preto de vós estiven observando como falabades de emocións, de expresar afectos e de recoñecervos. Tamén investiguei pola miña conta algunhas obras máis descoñecidas de Julia Minguiñón, Carlos Maside, Maruja Mallo ou Luís Seoane. Non as coñecedes? Bulide a buscar os seus cadros!

Pouquiño a pouco vou definindo o meu estilo. Gústame ser diferente, iso faime especial.

Lectura facilitada

Agora comezo a comprender o que pasaba.

Antes non transmitía emocións.

Estes días estiven preto de ti.

Estes días observei o que faciades.

Falabades de emocións.

Falabades de afecto.

Falabades de recoñecervos.

Tamén investiguei pola miña conta.

Investiguei obras pouco coñecidas.

Estas obras son de:

  • Julia Minguiñón.
  • Carlos Maside.
  • Maruja Mallo.
  • Luís Seoane.

Quizais non coñeces estas persoas.

Podes buscar os seus cadros.

Coa axuda destes artistas defino o meu estilo.

Gústame ser diferente.

Ser diferente faime especial.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaAgora que remataches a fase 2, responde a todas as cuestións traballadas neste apartado do diario. Analizaremos os conceptos traballados e reflexionaremos sobre a importancia de coñecernos a nós mesmos e ás persoas que nos rodean. Finalmente, analizaremos se as emocións son algo intrínseco dos seres humanos ou, pola contra, tamén as expresan os animais. 

Emprega o tempo que precises para pensar as respostas.

Ánimo!

Accede aquí ao teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Agora remataches a fase 2.

Responde todas as preguntas deste apartado do diario.

Analizaremos os conceptos que traballaches.

Reflexionaremos sobre a importancia de coñecerte mellor.

Reflexionaremos tamén sobre a importancia de coñecer mellor as persoas que te rodean.

Ao final pensaremos sobre se as emocións son propias dos seres humanos.

Pensaremos tamén se os animais tamén expresan emocións. 

Usa o tempo que necesites.

Ánimo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)