Saltar navegación

2.1. Expresión de afectos

 

Glosario

Estímulo

Persoa cun bocadillo no que hai un globo de texto cunha imaxe dunha bombilla

Definición:

Sinal externo capaz de xerar unha reacción nun organismo.

Exemplo:

A luz do sol é un estímulo para as margaridas.

Fisiolóxico

Corpo humano cos distintos músculos

Definición:

Elemento relacionado co estudo das funcións dos seres vivos.

Exemplo:

Realizaron estudos fisiolóxicos para determinar a súa dificultade para camiñar.

Motriz

Moza e mozo bailando

Definición:

Que xera movemento.

Exemplo:

O coche ten unha forza motriz.

Emocións

Na fase 1 descubriches que é unha emoción. Como sabes, é unha resposta motriz, fisiolóxica e subxectiva que damos ante unha situación.

A resposta motriz fai referencia á expresión corporal e facial emitida, a fisiolóxica á reacción involuntaria do corpo e a subxectiva ao sentimento que xorde no momento.

Agora que xa aclaramos máis este concepto, imos ver se es capaz de diferencialo doutros que gardan certa relación.

Lectura facilitada

Na fase 1 descubriches que é unha emoción.

A emoción é unha resposta do teu corpo ante unha situación.

Esta resposta ten 3 partes.

  • Os movementos do corpo e da cara.
  • Os cambios do corpo sen control consciente.
  • O sentimento que notas nese momento.

Agora coñeces máis o concepto de emoción.

Vas diferenciar este concepto doutros relacionados. 

As emocións e o noso cerebro

Cada emoción produce unha reacción no noso corpo, pero sabías que están relacionadas co cerebro?

Os nosos sentidos envían información ao cerebro a través da vista, do tacto e do oído. Posteriormente, os receptores traducen esa información a unha linguaxe que o noso cerebro poida comprender para poder dar unha resposta axeitada. Concretamente, as áreas involucradas son o sistema límbico e a codia prefrontal.

Lectura facilitada

Cada emoción produce unha reacción no teu corpo.

As emocións están relacionadas co cerebro.

Os teus sentidos envían información ao cerebro.

Esta información chega pola vista, polo tacto e polo oído.

O cerebro recibe esa información.

O cerebro traduce esa información nunha mensaxe clara.

O cerebro dá unha resposta ao teu corpo.

Nesa resposta participan dúas partes do cerebro:

  • O sistema límbico.
  • A codia prefrontal.

Estas partes axudan a entender o que pasa.

Estas partes axudan a decidir como reaccionas.

Aclarando conceptos

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Afectos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Estados%20emocionais%20que%20experimentamos%20ao%20longo%20do%20tempo"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Sentimentos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Interpretaci%C3%B3ns%20subxectivas%20dunha%20emoci%C3%B3n"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Emoci%C3%B3ns","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reacci%C3%B3ns%20instintivas%20a%20est%C3%ADmulos"}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"%3Cp%3EAfectos%2C%20sentimentos%20e%20emoci%F3ns%2C%20conceptos%20que%20poden%20parecer%20o%20mesmo%20pero%20que%20non%20o%20son.%20A%EDnda%20as%ED%2C%20est%E1n%20moi%20relacionados%20entre%20eles%20e%20son%20base%20das%20relaci%F3ns%20interpersoais.%3C/p%3E","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":1,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"20251015171137-120","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comeza a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Podes gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Podes realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}

Afectos, sentimentos e emocións, conceptos que poden parecer o mesmo pero que non o son. Aínda así, están moi relacionados entre eles e son base das relacións interpersoais.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Que emocións coñeces?

Home cunha cámara de fotos na manAtréveste a sacar unhas fotografías nas que expreses as emocións?

A través da técnica 1–2–4 de aprendizaxe cooperativo escribiremos no caderno as emocións que teñades en común as catro persoas do grupo. Posteriormente, sacarédesvos fotografías nas que se reflicta cada unha das emocións que escribistes. Están representadas todas as emocións?

Subide as imaxes á aula virtual. Unha vez recompiladas polo profesor ou pola profesora, imos comprobar se o alumnado pode identificar as emocións.

Lectura facilitada

Xúntate co teu equipo. 

Usa a técnica 1–2–4 de aprendizaxe cooperativo.

Sigue a técnica co teu grupo para escribir no caderno as emocións que coñeces.

Despois sacades fotografías.

En cada fotografía amosades unha emoción.

Comproba se aparecen todas as emocións escritas.

Despois sube as imaxes á aula virtual. 

O profesor ou a profesora xunta todas as imaxes.

Logo, o alumnado intenta identificar as emocións.

As emocións básicas

Ledicia

Emoción positiva que aparece en situacións agradables e que producen un sorriso. No momento en que unha persoa está contenta aumenta a enerxía e os pensamentos son positivos, de aí que esta emoción se relacione co sentido do humor.  O seu antónimo é a tristura.

 Cando esta ledicia é moi esaxerada e moi intensa convértese en euforia. 

Medo

Tamén denominado temor, é un estado emocional que xorde cando se cre estar en perigo. Polo tanto, é unha emoción desagradable. Porén, ao mesmo tempo, axúdanos a sobrevivir actuando con prudencia en determinadas situacións de risco.

Cando temos medo, a pupila dos ollos dilátase coa finalidade de ter unha mellor visión e o corazón bombea o sangue máis rápido.

Tristura

Emoción producida por unha desilusión ou por un suceso desgraciado. Caracterízase por unha perda de enerxía e por falta de ganas de facer cousas.

É considerada unha emoción negativa, pero debemos decatarnos que tamén serve para axudarnos a reflexionar e pensar.

Enfado

Emoción a través da que mostramos o noso desagrado ante unha situación inxusta ou na que se nos fai dano.  

Amor

Caracterízase por un sentimento forte de afecto cara a alguén ou algo. Emoción intensa que implica lealdade, respecto e empatía.

Lectura facilitada

Ledicia
A ledicia é unha emoción positiva.

Aparece en situacións agradables.

A ledicia produce un sorriso. 

Cando unha persoa está contenta, ten máis enerxía.

Tamén ten pensamentos positivos.

A ledicia relaciónase co humor.  

O contrario da ledicia é a tristura.

Cando a ledicia é moi intensa convértese en euforia. 

Medo
O medo é unha emoción desagradable.

O medo tamén se chama temor.

O medo aparece cando unha persoa pensa que hai perigo.

O medo axuda a sobrevivir.

Axuda a actuar con coidado en situacións de risco.

Cando unha persoa ten medo, as pupilas dos ollos fanse máis grandes.

Isto axuda a ver mellor.

Cando unha persoa ten medo, o corazón latexa máis rápido.

Tristura
A tristura é unha emoción negativa.

A tristura aparece por unha desilusión.

Tamén aparece tras un suceso triste.

Cando unha persoa está triste, ten menos enerxía.

A persoa non ten ganas de facer cousas.

A tristura tamén axuda a pensar.

Enfado
O enfado aparece ante unha situación inxusta.

Tamén aparece cando alguén fai dano a unha persoa.  

Co enfado, a persoa mostra o seu desagrado.

Amor
O amor é un sentimento forte de afecto.

Pode ser cara a unha persoa.

Tamén pode ser cara a algo.

O amor implica lealdade, respecto e empatía.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)