Saltar navegación

1. Identificando emocións

 

Glosario

Actitude

Dúas persoas mirándose unha en cadeira de rodas e outra de pé

Definición:

Comportamento dun individuo en relación a como afrontar distintas situacións.

Exemplo:

Cando o convidaron ao aniversario, a súa actitude desafiante cambiou.

Subxectividade

Nena sinalándose

Definición:

Interpretación da realidade baseada nas percepcións persoais de cada un.

Exemplo:

Un xuíz non debería de amosar subxectividade na resolución do conflito.

A xestión emocional

A maneira na que xestionamos as nosas emocións condiciona o benestar persoal e as interaccións sociais. Esa xestión emocional implica un conxunto de habilidades que nos permiten recoñecer eses sentimentos e xestionalos dun xeito máis consciente, creando relacións máis sas.

Visualiza a seguinte curta e reflexiona na aula sobre a evolución do protagonista.

Lectura facilitada

A forma na que xestionas as emocións inflúe no teu benestar persoal.

A forma na que xestionas as emocións inflúe nas relacións sociais.

Esa xestión emocional é un conxunto de habilidades.

Estas habilidades axúdanche a recoñecer os sentimentos e a xestionalos.

Esta xestión consciente crea relacións máis sas.

Agora visualiza a curta.

Pensa sobre a evolución do protagonista.

Ten en conta...

  • Actitude corporal e expresión facial do protagonista.
  • Xestos das persoas que atopa no camiño.
  • A vestimenta.
  • Cal pensas que foi o punto no que cambiou a actitude? 
  • A man como elemento de axuda.

Lectura facilitada

Observa a postura e a cara do protagonista.

Observa os xestos das persoas que atopa no camiño.

Observa a roupa do protagonista.

Pensa no cambio de actitude do protagonista.

Cal pensas que foi o punto no que cambiou a actitude? 

Por último, pensa na man.

Que son as emocións?

No vídeo anterior amósanse as reaccións subxectivas dunha persoa. Estes estados afectivos que cambian en función das diferentes situacións que nos acontecen, son o que entendemos como emocións.

A experiencia dunha emoción xeralmente está ligada ao conxunto de vivencias persoais e aos coñecementos do mundo que nos rodea.

Como definirías ti o que é unha emoción? 

Lectura facilitada

No vídeo anterior ves reaccións dunha persoa.

Estas reaccións cambian segundo o que pasa.

Estas reaccións son emocións.

Unha emoción está relacionada co que viviches antes.

Unha emoción tamén depende do que sabes do mundo. 

Agora pensa.

Como definirías ti que é unha emoción.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)