Glosario
Colaxe
-
Definición:
-
Técnica pictórica que consiste en compoñer unha obra empregando distintos tipos de materiais fragmentados enriba do cadro.
-
Exemplo:
-
Empregou anacos do xornal para a creación da súa colaxe.
Definición:
Técnica pictórica que consiste en compoñer unha obra empregando distintos tipos de materiais fragmentados enriba do cadro.
Exemplo:
Empregou anacos do xornal para a creación da súa colaxe.
Collamos os pinceis! Propoñemos de reto a creación das obras de arte que formarán parte do primeiro espazo do museo.
De xeito individual, crearás unha obra coa técnica da colaxe a través da cal expoñas os contidos traballados nesta unidade. A composición poderá ser elaborada con todos os elementos que consideres: recortes, debuxos, pintura, papel... A liberdade creativa será un dos eixes fundamentais desta expresión plástica.
Este cadro terá como temática unha emoción concreta, que deberás ser quen de plasmar nunha cartolina A3.

Pero isto non remata aquí! A túa obra forma parte dunha composición grupal que leva consigo a creación dunha presentación conxunta.
Isto implicará unha reflexión final a modo de debate: a mesma emoción reflicte as mesmas vivencias?
Neste REA creas unha obra de arte.
Estas obras forman parte do primeiro espazo do museo.
Cada persoa crea unha obra.
Usas a técnica da colaxe.
Coa colaxe mostras o que aprendes nesta unidade.
Podes usar distintos materiais:
Ti escolles os materiais.
O teu cadro ten un tema.
O tema é unha emoción concreta.
Ti representas esa emoción.
A túa obra forma parte dun traballo en grupo.
Coas obras do grupo creas unha presentación.
Ao final fala co grupo.
Facedes un debate.
O tema do debate é: a mesma emoción mostra as mesmas vivencias?
Esta composición grupal deberá levar un pé identificador indicando a emoción e un código QR que albergue un documento coas seguintes partes:
As obras individuais estarán enmarcadas respectando a cor correspondente á emoción traballada. Descubriredes a cor asignada a cada emoción na seguinte sección.

Esta composición grupal leva un pé identificador.
O pé indica a emoción do grupo.
A composición tamén leva un código QR.
O QR abre un documento.
O documento ten estas partes:
Cada obra individual vai enmarcada.
A cor do marco corresponde á emoción traballada.
Máis adiante ves a cor de cada emoción.
Esta información está na seguinte sección.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0