Glosario
Raqueta

-
Definición:
-
Instrumento formado por un mango e unha superficie oval con cordas tensadas no seu interior e que se emprega para golpear o volante.
-
Exemplo:
-
Agarrei forte a raqueta para golpear o volante.
Raquetear

-
Definición:
-
En deportes de raqueta, golpear a pelota ou bóla coa raqueta pasándolla a outra xogadora como adestramento.
-
Exemplo:
-
A miña compañeira e máis eu estivemos raqueteando para preparar o partido do xoves.
Volante/pluma

-
Definición:
-
Pelota semiesférica de cortiza, forrada de nailon ou de coiro, que leva prendidas na parte plana dezaseis plumas iguais, naturais ou sintéticas.
-
Exemplo:
-
Tomei o volante coa man para facer o saque.