| Título | O ADN dos deportes de equipo |
|---|---|
| Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 —dun total de 4— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a análise dos deportes de equipo convencionais e alternativos, co obxectivo de comprender as súas características principais, as súas regras básicas e os valores asociados á práctica deportiva, como o traballo en equipo, o respecto e a cooperación. A través desta proposta, promóvese unha aprendizaxe activa e participativa, na que o alumnado observa, investiga e reflexiona sobre diferentes modalidades deportivas, desenvolvendo ao mesmo tempo habilidades motrices, estratéxicas e sociais. No reto proposto, o alumnado analizará distintos deportes de equipo, tanto convencionais como alternativos, identificando os seus elementos comúns e as súas diferenzas. A partir desta análise, deberán innovar e crear un novo deporte de equipo, definindo as súas regras, o espazo de xogo, o material necesario e o sistema de puntuación. Como produto final, organizarase un pequeno torneo no que se poñerá en práctica o deporte creado, fomentando a participación, a creatividade e o espírito deportivo dentro da comunidade educativa. |
| Persoas elaboradoras |
José Pedreira Jordedo José Javier Sueiro Mojón Matías Ezequiel Zelarayán Velasco |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | “O ADN dos deportes de equipo”; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.

Pictograma de ARASAAC