| Portada e índice | O documento non ten portada, índice, ou ningunha. | O documento ten unha portada simple e/ou falta información. O índice ten algúns erros. | O documento ten unha portada atractiva co nome do deporte e das persoas "creadoras". O índice está correcto e o documento está paxinado. |
|---|
| Introdución | Non existe unha introdución. | Existe unha breve introdución na que se resume en que consiste o deporte, pero falta información relevante.. | Existe unha breve introdución na que se resume de forma clara en que consiste o deporte. |
|---|
| Modo de xogo | Non hai referencia do modo de xogo. | Explícase de forma básica o tipo de móbil empregado e a forma de interacción con el (como se move o móbil: co pe, a man, implemento...). | Explícase de forma detallada o móbil empregado máis outro material importante e o seu rol no xogo, así como as formas de interactuar con el (formas permitidas de controlar e movelo entre xogadores: man, pé, implemento e como usalo...). |
|---|
| Equipos | Non se aclara o número de equipos ou/nin de xogadores/as por equipo. | Faise referencia, de forma básica, ao número de equipos e de xogadores/as. | Descríbese o número de equipos, o número de xogadores/as por equipo e outros aspectos importantes vencellados (se deben ser mixtos ou non, roles específicos como porteiro/a, cambios ou rotacións...). |
|---|
| Campo de xogo | Non se recolle a descrición do campo de xogo. | Descríbese o campo de xogo e as zonas importantes do campo (liñas, espazos...). | O documento inclúe unha descrición detallada do campo de xogo máis unha representación gráfica del, con medidas incluídas. |
|---|
| Duración do partido | Non se explica cando e como remata o partido. | Explícase de forma moi básica o sistema de finalización do partido: ao chegar a X puntos, por eliminación de xogadores, por tempo... | Explícase en detalle o sistema de finalización do partido: ao chegar a X puntos, por eliminación de xogadores, por tempo... |
|---|
| Penalizacións básicas | Non se recollen medidas de prevención de riscos. | Menciónanse entre 1 e 4 situacións no xogo que poden ser penalizables, máis aló das xa matizadas en apartados anteriores. | Menciónanse, polo menos, 5 situacións no xogo que poden ser penalizables, máis aló das xa matizadas en apartados anteriores. |
|---|
| Outras consideracións do regulamento | X | X | Menciónanse (se é preciso) outros aspectos importantes para o desenvolvemento do xogo. Por exemplo: como é a disposición antes do inicio do partido, que ocorre despois de que un equipo anote... |
|---|
| Aspectos formais | O documento está redactado con moitas faltas de ortografía e de redacción (máis de 20 leves ou 10 graves). | O documento ten algúns erros ortográficos e de redacción (entre 6-20 leves ou 3-10 graves). | O documento non ten erros ortográficos nin de redacción, ou moi poucos (menos de 6 leves ou 3 graves). |
|---|