A practicar!
Esta última información é ouro para poder xogar aos deportes que máis che gustan adaptándote a calquera situación que queiras! Agora, é o momento de que intentes adaptar algún deporte e o practiques!
Para iso, sigue estes pasos:
- Escolle xunto aos teus compañeiros e compañeiras o deporte que prefirades.
- Decidide se queredes adaptar o deporte a formato minixogo (para xogar en versión reducida) ou a xogo reducido (para mellorar unha habilidade deportiva).
- Establecede as modificacións do regulamento orixinal para conseguir o obxectivo marcado.
- A xogar!
(Cando levedes 10 ou 15 minutos de xogo, podedes facer unha pausa para reunirvos e reflexionar sobre se as regras que modificastes funcionan ou non, e se queredes modificar algo para que o resto do tempo de práctica a actividade sexa máis produtiva).
Lectura facilitada
Agora podes adaptar e xogar o teu deporte favorito.
Pasos:
- Escolle o deporte co teu grupo.
- Decide minixogo ou xogo reducido.
- Cambia as regras para conseguir o obxectivo.
- A xogar!
