O defensor do xogador con balón debe achegarse para tentar roubarllo, mentres os compañeiros esperan por se precisa axuda.
Posesión
Definición:
É cando mantés o móbil no teu poder.
Exemplo:
No xogo dos dez pases tedes que manter a posesión do móbil mentres sumades pases.
Xogador con balón
Definición:
É o xogador que ten o móbil no seu poder nese momento.
Exemplo:
O base en baloncesto é o xogador que máis tempo ten a posesión do balón.
O ADN na conservación/recuperación do móbil
Conservación/recuperación do móbil
Dominar o control e conservación do móbil significa entender que o móbil é o tesouro que o teu equipo debe protexer (un balón, un disco, un volante ou calquera obxecto co que se xogue) para organizarse e posteriormente poder puntuar. É dicir, a posesión do móbil marca que equipo ten a iniciativa da xogada, e por tanto maior probabilidade de anotar.
Un equipo que non sabe conservar o balón é un equipo que se esgotará defendendo. Por iso, aprender a controlar o ritmo e manter a posesión é a primeira gran lección para converterte nun ou nunha deportista de nivel en calquera deporte colectivo.
O ADN, letra a letra:
Comprobemos cal é o ADN detrás da conservación e control do móbil nos deportes colectivos! Para iso, analizaremos os puntos máis importantes a ter en conta en ataque (A) e defensa (D), ademais de ver exemplos concretos de como aplicalos á normativa (N) dalgúns deportes.
🔴 A
A de Ataque
Unha vez que o móbil está nas túas mans ou nas das túas compañeiras e compañeiros, o xogo cambia de ritmo. Xa non tes que correr tras ninguén. Agora ti es quen decide cara a onde vai o balón e a que velocidade.
Pero coidado! Ter o control implica unha gran responsabilidade: manter a posesión custe o que custe ata atopar o momento de atacar a meta rival.
A protección
É a acción individual de asegurar a posesión. Consiste en colocar o teu propio corpo entre o/a rival e o móbil, agarralo con firmeza ou afastalo do teu adversario / da túa adversaria para que non poida chegar a el.
O pase (de seguridade)
É a acción individual de enviar o móbil a outra persoa do equipo. Como posuidor ou posuidora do móbil, a túa misión é entregalo con precisión para non perdelo. O obxectivo non é arriscar para avanzar, senón asegurar que a posesión siga sendo do teu equipo. Debes facer un envío fácil de atrapar, sen que o equipo rival poida cortalo.
O apoio
Se non tes o móbil pero alguén do teu equipo si, tes un obxectivo claro para colaborar na conservación. Debes moverte para xerar liñas de pase simples e despexadas.
Que é unha liña de pase? Entre a persoa con móbil e ti non debe haber ninguén, para que o pase sexa sen risco. Busca iso! Faite visible e busca un espazo libre para ofrecerlle unha saída fácil a quen ten o control.
A recepción
É o instante decisivo no que o pase se completa e ti asumes o dominio do xogo. Debes estar sempre preparado/a e coa atención posta no envío do teu compañeiro ou compañeira.
Debes buscar amortecer o móbil usando a parte do corpo máis axeitada para que non saia disparado cara a calquera lado, debes orientarte para que a posesión non se deteña e tamén observar ao resto de compañeiros/as e rivais para pensar o seguinte movemento.
🔵 D
D de Defensa
Cando o móbil está en mans do equipo rival, a túa misión cambia por completo: o obxectivo agora é a recuperación para que o teu equipo poida volver á carga. Nesta fase, ti es quen debe romper a súa conservación e forzar o erro (xunto ao resto do equipo, por suposto).
Para logralo, hai tres camiños: arrebatarllo directamente a quen o ten, cortalo mentres viaxa dunha persoa atacante a outra, ou oprimir ata que os teus adversarios e adversarias o perdan por un mal envío ou por saír fóra dos límites do campo.
Como defensor ou defensora, a túa actitude debe ser activa e de máxima concentración. Non se trata só de esperar, senón de "invadir" o espazo do/da rival para que se sinta incómodo/a e cometa un erro.
A desposesión / roubo
É a acción de arrebatarlle o móbil ao teu adversario ou adversaria directo/a.
En función do deporte, poderemos realizar un roubo máis forte (rugby), menos forte (baloncesto) ou estará prohibido (ultimate). En todo caso, se estás defendendo e o/a atacante que tes ao teu carón é quen ten a posesión do móbil, serás a persoa con máis importancia na defensa para que recuperar a iniciativa do xogo. Achégate todo o posible ao móbil e, se podes, faite con el.
A interceptación
Consiste en cortar a traxectoria do móbil cando viaxa entre dous opoñentes a través dun pase. No momento en que o/a rival lanza o pase, debes ler a súa intención e meter a man, o pé ou o corpo no medio para facerte ti coa posesión.
É unha acción que require moita anticipación, velocidade e astucia. Debes ler moi ben a intención do/da atacante con balón e xusto no momento en que realiza a acción de pase correr para intervir, xa que se o fas con moita antelación, a persoa que envía o móbil ou a que recibe poden verte e cambiar o plan.
A presión
Consiste en situarte moi preto de quen ten o móbil das súas posibles opcións de pase para reducir o seu tempo de reacción. Ao estar moi achegado/a ás persoas rivais, dificultas a súa visión e fas que se sintan baixo ameaza. É unha acción defensiva individual, pero cando moitos/as defensores/as oprimen en conxunto o equipo atacante a acción é moito máis eficaz.
🟢 N
N de Normas
Aínda que as premisas de ataque e defensa son xerais, a normativa de cada deporte matiza o que podes facer para lograr os teus obxectivos.
O regulamento determina como manter a posesión ou recuperala: no ultimateestá prohibido roubar, mentres que no baloncesto ou balonmán existen límites de tempo estritos. Noutras disciplinas a clave está no contacto ou na técnica, como no fútbol cos pés ou no rugby coas placaxes. Esta variedade esténdese aos deportes alternativos, dende o floorball, onde podes arrebatar a bóla, ata o kinballonde o contacto non se permite. Nesta fase do reto, centrarémonos en dous deportes concretos para que apliques todo este ADN normativo.
Deporte convencional: fútbol sala
O fútbol sala é un deporte no que tes o reto de manexar o móbil sen utilizar as mans, a non ser que sexas o porteiro/a. Esta norma implica que, case todo o tempo, deberás xestionar a posesión cos pés, o que obriga ao teu equipo a manter unha coordinación constante e a realizar pases precisos para non perder o control.
O teu obxectivo será marcar un gol na portería contraria para sumar un punto e, ao mesmo tempo, protexer a túa meta para que o/a rival non anote. Os partidos duran dous tempos de 20 minutos.
Aquí, a clave da conservación reside en saber usar o corpo como escudo mentres conduces o balón por un espazo amplo.
Deporte alternativo: floorball
O floorball, tamén coñecido como unihóckey, preséntache un escenario diferente, ao ser un deporte colectivo de implemento no que utilizas un stickpara controlar a bóla. Aquí, dous equipos de seis integrantes, contando co porteiro ou porteira, loitan por marcar na portería contraria.
Aínda que ten moitos puntos en común co fútbol, a normativa presenta particularidades e é moi estrita coa seguridade: non podes xogar a bóla por riba do nivel do teu xeonllo nin levantar o stickpor riba da túa cadeira, a menos que non haxa ninguén preto e non exista perigo. Estes límites obrigan a que a túa técnica de conservación sexa moi precisa e a rentes do chan.
O tempo de xogo para a túa categoría organízase en tres partes de 15 minutos. Un detalle vital que debes lembrar é que o porteiro ou a porteira ten unha área propia que non podes invadir co teu corpo, aínda que si tes permitido introducir o stickpara tentar facerte co control da bóla ou marcar un gol.
Lectura facilitada
O ADN na conservación / recuperación do móbil
Controlar o móbil (balón, disco, por exemplo) é moi importante.
O móbil é o que o equipo ten que coidar e manter.
Se o teu equipo ten o móbil:
Pode organizarse mellor.
Ten máis opcións de marcar puntos.
Se un equipo perde o móbil moito:
Ten que defender sempre.
Acaba cansado.
Por iso, é clave:
Controlar o ritmo do xogo.
Manter a posesión.
O ADN do xogo consta de:
A = Ataque
Protección.
Pase (de seguridade).
Apoio.
Recepción.
D = Defensa
Desposesión/roubo.
Interceptación.
Presión.
N = Normas
Deporte convencional: Fútbol sala.
Deporte alterativo: Floorball.
Audio
Apoio visual
Pincha na imaxe para ampliar e ver con maior detalle.
A practicar!
Duración: 1 sesión Agrupamento: individual, en parellas e grupal
Instrucións
Neste vídeo poderás ver como aplicar o principio de conservación / recuperación do móbil nun deporte alternativo colectivo: floorball.
Tarefa individual:
Circuítos de diferente dificultade: fai un recorrido levando a bóla co stick. Podes empezar con poucos obstáculos e ir aumentando a complexidade con máis conos, máis velocidade ou máis cambios de dirección e sentido, como ves nas propostas de niveis 1, 2 e 3.
Tarefa en parellas:
Pases curtos: fai pases cun compañeiro ou compañeira para dominar a recepción e o pase da bóla. Proba con diferentes tipos de pases e superficies do stickpara aumentar a dificultade.
Tarefa grupal:
Xogo dos dez pases: tenta dar xunto ao teu equipo 10 pases consecutivos. No vídeo podes ver 3 contra 3, pero podedes ser máis e, incluso, utilizar un comodín para favorecer a conservación.
Lectura facilitada
Vídeo de conservación/recuperación do móbil en floorball
Tarefa individual:
Circuítos: fai un recorrido levando a bóla co stick.
Tarefa en parellas:
Pases curtos: fai pases cun compañeiro ou compañeira.
Tarefa grupal:
Xogo dos dez pases: tenta dar xunto ao teu equipo 10 pases consecutivos.
Audio
A practicar!
Duración: 1 sesión Agrupamento: individual, en parellas e grupal
Instrucións
Neste vídeo poderás ver como aplicar o principio de conservación / recuperación do móbil nun deporte colectivo: fútbol sala.
Tarefa individual:
Circuítos de diferente dificultade: fai un percorrido levando a pelota co pé. Podes empezar con poucos obstáculos e ir aumentando a complexidade con máis conos, máis velocidade ou máis cambios de dirección e sentido, como ves nas propostas de niveis 1, 2 e 3. Alterna diferentes superficies de contacto para levar o móbil: interior, exterior, planta do pé, incluso co balón polo aire.
Tarefa en parellas:
1. Pases curtos: fai pases cun compañeiro ou cunha compañeira para dominar a recepción e o pase do balón. Proba con diferentes tipos de pases para aumentar a dificultade.
2. Protección do balón: protexe o balón do teu/da túa rival. Só tes que manter a posesión, non chegar a ningún lado.
Tarefa grupal:
Xogo dos dez pases: tenta dar xunto ao teu equipo 10 pases consecutivos. No vídeo podes ver 3 contra 3 cun comodín para axudar no ataque.
Lectura facilitada
Vídeo de conservación / recuperación do móbil en fútbol sala
Tarefa individual:
Circuítos: fai un recorrido levando a pelota co pé.
Tarefa en parellas:
1. Pases curtos: fai pases cun compañeiro ou cunha compañeira.
2. Protección do balón: protexe o balón do teu rival.
Tarefa grupal:
Xogo dos dez pases: tenta dar xunto ao teu equipo 10 pases consecutivos.
O pase de @@seguridade@@ ten como obxectivo principal manter a posesión do móbil.
Cando realizas un @@apoio@@, a túa función como xogador ou xogadora sen móbil é moverte e situarte nun espazo libre para ofrecerlle unha saída fácil ao teu compañeiro/a.
A @@presión@@ defensiva serve para que o/a rival teña máis probabilidades de cometer un erro e perder a posesión.
No floorball, está prohibido por regulamento xogar a bóla por riba do nivel do @@xeonllo@@ ou levantar o stickpor riba da @@cadeira@@.