Repaso de conceptos
É o momento de repasar os deportes que viches en cursos anteriores. Seguro que tes bos recordos deses partidos. Remata esta actividade e pronto estarás practicando de novo na cancha, divirtíndote cos teus compañeiros.
É o momento de repasar os deportes que viches en cursos anteriores. Seguro que tes bos recordos deses partidos. Remata esta actividade e pronto estarás practicando de novo na cancha, divirtíndote cos teus compañeiros.
Le o texto e completa as palabras que faltan.
Encántame xogar cos meus compañeiros e compañeiras a baloncesto, que é un deporte @@colectivo@@. Tamén vou practicar loita grecorromana, que é un deporte de @@adversario@@ e os fins de semana fago carreiras atléticas, que é un deporte @@individual@@.
Esta semana en clase probamos un novo deporte @@alternativo@@ que se chama colpbol. Como en case todos os deportes tivemos que @@atacar@@ cando tiñamos o balón e @@defender@@ cando o tiña o rival.
Que divertidos son os deportes colectivos, tanto os @@convencionais@@, que son os máis coñecidos, coma os @@alternativos@@ que son eses novos que estamos practicando na clase.
Ben xogado! Tes coñecementos avanzados sobre os deportes colectivos, alternativos e de adversario.
Arrastra cada tarxeta ao seu cadro segundo sexa deporte individual, colectivo ou de adversario.
Lembra os deportes que xogaches nas etapas anteriores? A ver se es quen de rematar este rosco de palabras.
É o momento de pasar á acción e poñer en práctica todo o que lembramos nesta fase. Para refrescar a nosa memoria motriz e táctica, imos realizar unha sesión de estacións de xogo, onde recuperaremos a esencia dos deportes que traballamos o curso pasado.
En que consiste a tarefa?
Dividiremos o pavillón en dúas zonas ou estacións de traballo. En cada unha delas, atoparedes un mini-deporte adaptado para garantir que todos e todas participedes constantemente no xogo.
Á metade da sesión, farase un cambio de campo para que todo o alumnado xogue a ambos os deportes e volva conectar coas regras e estratexias que xa coñece.
Cales son os mini-deportes? Ti escolles! Baséate nas túas experiencias previas e escolle catro que xa coñezas. Xa teremos tempo de ver novos deportes na seguinte fase...
O obxectivo non é só gañar o partido, senón refrescar os deportes practicados o ano pasado e as situacións de xogo que xa dominabades. Preparados para o asubío inicial? Imos alá!
É hora de poñerse en acción.
Imos practicar o que lembramos.
Faremos estacións de xogo.
Así recordaremos os deportes do curso pasado.
En que consiste a tarefa?
Dividimos o pavillón en dúas zonas. En cada zona hai un mini-deporte. Todos xogades.
Á metade cambiamos de zona. Así xogades en ambos os deportes.
Escolle catro deportes que coñezas. O obxectivo é lembrar o que xogaches antes.
Preparados/as? Imos comezar!
Non tes a posibilidade de xogar por algún motivo?
Non te preocupes! Non ter o rol de deportista non significa que non poidas participar na tarefa. Escolle un dos seguintes roles e engánchate nalgunha das estacións para participar:
Non podes xogar?
Non pasa nada. Podes:

Fin da fase 2!
Hora de cubrir o teu diario de aprendizaxe. Nesta fase botamos unha ollada ao pasado, xogando a deportes que eran familiares e xa xogaras algunha vez. Reflexionemos sobre eles:
Fin da fase 2!
Hora de escribir no diario de aprendizaxe.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0