A clasificación dos deportes
Cando falamos de "clasificación dos deportes" non podemos falar dunha organización única, xa que en función de cal sexa o aspecto no que nos centremos, podemos facer miles de clasificacións diferentes. Para este reto, repasaremos dúas clasificacións que seguramente sexan familiares para ti de anos anteriores.
I. Segundo o número de participantes
En cursos anteriores, tanto na primaria coma na secundaria, practicaches un feixe de deportes diferentes e de seguro que escoitaches que iades facer un deporte colectivo, un individual ou de adversario. Pero de que estamos a falar?
Deporte colectivo
Son eses deportes en que temos compañeiros e adversarios, onde temos que cooperar e competir para lograr o noso obxectivo.
Exemplo: voleibol, fútbol, balonmán, hóckey, wáter-polo.
Deporte individual
Son os deportes onde dependemos do noso rendemento individual, aínda que poida haber outros participando á vez.
Exemplo: atletismo, natación, contra reloxo de ciclismo.
Deporte de adversario
Son aqueles deportes onde temos un/unha adversario/a directo/a e se temos algún compañeiro ou algunha compañeira, non lle podemos pasar.
Exemplo: tenis, taekwondo, loita libre.
II. Segundo a súa popularidade
Esta clasificación é un pouco menos coñecida, pero é posible que tamén che soe. Presta atención a esta diferenza porque falaremos destes dous tipos de deporte ao longo de todo o reto...
Deporte convencional
Son eses deportes onde temos compañeiros e adversarios, onde temos que cooperar e competir para lograr o noso obxectivo.
Exemplo: voleibol, fútbol, balonmán, hóckey, wáter-polo.
Deporte alternativo
É unha modalidade de deporte máis actual, innovadora, educativa e con menor alcance que os deportes convencionais. Utiliza materiais diferentes, regras máis inclusivas e busca que ninguén quede fóra, sen importar a súa habilidade. Hai miles e seguramente coñezas moi poucos.
Exemplo: o ultimate, o tchoukball ou o ringo, xogos con regras e materiais raros que buscan que todo o mundo se divirta por igual fuxindo do que vemos sempre na televisión, son deportes alternativos.
Lectura facilitada
Podemos clasificar os deportes segundo:
O número de participantes:
- Deporte colectivo.
- Deporte individual.
- Deporte de adversario.
A súa popularidade:
- Deporte convencional.
- Deporte alternativo.
Definición:
Definición: