O centro de I+D+i
Benvido ao centro I+D+i dos deportes colectivos!
Sabes o que é iso? Pois é o centro onde investigamos (I), desenvolvemos (D) e innovamos (i) sobre este tipo de deportes, tanto convencionais coma alternativos. Neste centro, estamos a descubrir a esencia dos deportes de equipo, concretamente, o seu ADN. Axúdasnos?
Para facelo da mellor maneira posible, iremos pouco a pouco seguindo estas fases:
Fases I+D+i
Fase 1. Analizar o que sabes sobre os deportes
Acabamos de comezar este reto, así que imos coñecernos. Cóntanos: que sabes sobre os deportes colectivos e alternativos? Cando xogas a deportes de equipo, que che din os teus compañeiros e compañeiras?
Fase 2. Investigar (I) deportes de equipo coñecidos
Xogamos a moitos deportes na clase e no recreo. Todos parecen diferentes, pero tamén teñen algo en común, non? Imos investigalo…
Fase 3. Desenvolver (D) o ADN de novos deportes colectivos
Nesta fase, vas destripar o ADN de novos deportes de equipo e buscar eses puntos en común que che permitan ser un/unha crack en todos e cada un deles. Xogarás moito, pero sempre tentando conseguir a chave para descifrar os segredos que agochan no seu ADN.
Fase 4. Innovar (i) un novo deporte
Unha vez destripado o ADN, poderás xogar con el para experimentar e "fabricar" un novo deporte e poñelo en práctica cos teus compañeiros e compañeiras. Seguro que é divertidísimo!
Fase 5. Valora a túa investigación
Que tal foi todo? Conseguimos un deporte divertido, onde todos e todas poden xogar en igualdade de condicións, onde os valores están por diante dos resultados, onde todo o mundo quere e pode participar? Pois o obxectivo está cumprido. De seguro que pronto será olímpico!
Lectura facilitada
Benvido ao centro de deportes!
Aquí aprendemos e probamos deportes de equipo.
Queremos descubrir o ADN dos deportes.
Podes axudarnos?
Imos facelo en pasos:
- Pensar no que sabes de deportes.
- Investigar deportes coñecidos.
- Crear o ADN de novos deportes.
- Inventar un deporte novo.
- Valorar o que fixeches.
