Agrupación de varias organizacións, asociacións etc., para a defensa de intereses comúns.
Exemplo:
Unha federación deportiva é a institución que regula un deporte.
Traxectoria
Definición:
Liña que percorre un obxecto en movemento.
Exemplo:
A traxectoria da pelota cando se executa un globo é ascendente
Sabías que...?
A pelota vasca ten máis de 500 anos de historia. Ten a súa orixe nos diferentes xogos de pelota europeos da Idade Media.
Foi moi popular nos EUA a finais do S.XIX e comezos do S.XX. Actualmente hai até 34 países afiliados á Federación Internacional.
A modalidade máis rápida é o jai alai (cesta-punta), en que a pelota acada velocidades de 300 km/h.
Lectura facilitada
A pelota vasca ten máis de 500 anos de historia.
Foi moi popular nos EUA a finais do século dezanove e comezos do vinte.
Actualmente hai até 34 países afiliados á Federación Internacional.
A modalidade máis rápida é o jai alai (cesta-punta), en que a pelota acada velocidades de 300 km/h.
Audio
Aspectos técnicos
Nos deportes nos que se emprega a pa é fundamental coñecer como agarrala ben, como executar o saque e os tipos de golpes que se poden facer con ela.
Audio
Empuñadura
Hai distintos xeitos de empuñadura, pero centrarémonos na máis usada que se chama continental.
Pasos para agarrar correctamente a pa:
Agarra a pa coa man non dominante polo corpo. Debe estar perpendicular ao chan, é dicir, co canto mirando cara ti.
Coloca a man dominante sobre o mango, como cando lle dás a man a alguén.
O dedo índice debe queda lixeiramente separado do resto.
A "V" que se forma entre dedo índice e polgar debe quedar aliñada co canto da pa.
Servizo
Segundo o regulamento, a pelota debe botar antes de ser golpeada no servizo ou saque. Para facer un saque correcto, ten en conta o seguinte:
Agarra a pelota coa man non dominante.
O pé do lado dominante colocarase atrás e o pé do lado non dominante lixeiramente adiantado.
Ten armado o brazo dominante, é dicir, colocado atrás e preparado para facer un movemento ascendente de atrás cara adiante.
Deixa caer a pelota e tralo bote golpea en dirección ao frontis.
Golpea cun movemento ascendente de atrás cara adiante. Debes golpear por debaixo da cintura.
Dereita
Golpear de dereita é golpear polo lado dominante. Non importa se es destro ou zurdo.
Para executar correctamente este golpe ten en conta:
Boa colocación dos pés e corpo: o pé do lado non dominante estará lixeiramente adiantado para que ese lado do corpo apunte cara ao frontis. Colocarémonos nunha posición lateral e co centro gravidade algo baixo para evitar tensións.
Arma o brazo antes de golpear: tendo en conta a traxectoria da pelota, a pa debe situarse atrás e preparada para facer un movemento lixeiramente ascendente de atrás cara adiante.
Orienta a pa en función da altura que busques: se queres un golpe tenso e horizontal, a pa mirará cara a fronte. Se queres un golpe alto e ascendente, a pa mirará lixeiramente cara arriba.
Evita unha tensión excesiva: non tenses de máis o brazo ao golpear e acompaña o golpe coa rotación do corpo e o ombreiro.
Revés
Golpear de revés é golpear polo lado non dominante. Non importa se es destro ou zurdo.
Para executar correctamente este golpe ten en conta:
Boa colocación dos pés e corpo: o pé do lado dominante cruza ao lado contrario para, deste xeito, xirar e colocar o corpo lateral ao frontis. O ombreiro do lado dominante apuntará cara ao frontis.
Arma o brazo antes de golpear: tendo en conta a traxectoria da pelota, a pa debe situarse atrás e preparada para facer un movemento lixeiramente ascendente de atrás cara adiante.
Orienta a pa en función da altura de golpe que busques: se queres un golpe tenso e horizontal, a pa mirará cara a fronte. Se queres un golpe alto e ascendente, a pa mirará lixeiramente cara arriba.
Evita unha tensión excesiva: non tenses de máis o brazo ao golpear e acompaña o golpe coa rotación do corpo e o ombreiro.
Golpes a distintas alturas
En función da traxectoria na que recibas a bóla, poderás executar golpes a distintas alturas. Na seguinte páxina do REA afondamos nos tipos de golpes, pero, a modo xeral, podemos clasificalos en:
Golpes a mans altas: aqueles que se executan por encima do nivel dos ombreiros. Exemplo: remate, deixada alta...
Golpes a media altura: aqueles que se executan entre a liña da cadeira e ombreiros. Exemplo: o drive.
Golpes a mans baixas: aqueles que se executan por debaixo do nivel da cintura. Exemplo: globos, deixada baixa...
Lectura facilitada
Empuñadura
Hai distintos xeitos de empuñadura.
Centrarémonos na máis usada, que se chama "continental".
Pasos para agarrar correctamente a pa:
Agarra a pa coa man non dominante polo corpo.
Coloca a pa co canto mirando cara a ti.
Coloca a man dominante sobre o mango, igual que cando lle dás a man a alguén.
O dedo índice debe quedar lixeiramente separado do resto.
A "V" que se forma entre dedo índice e polgar debe quedar aliñada co canto da pa.
Servizo
Segundo o regulamento, a pelota debe botar antes de ser golpeada no servizo ou saque.
Para facer un saque correcto, ten en conta o seguinte:
Agarra a pelota coa man non dominante.
O pé do lado dominante colocarase atrás e o pé do lado non dominante lixeiramente adiantado.
Ten o brazo que vai golpear colocado atrás e preparado para golpear.
Deixa caer a pelota e tralo bote golpea en dirección ao frontis.
Golpea cun movemento ascendente de atrás cara adiante. Debes golpear por debaixo da cintura.
Dereita
Golpear de dereita é golpear polo lado dominante.
Non importa se es destro ou zurdo.
Para executar correctamente este golpe ten en conta:
O pé do lado non dominante estará lixeiramente adiantado.
Colocarémonos nunha posición lateral e co centro gravidade algo baixo para evitar tensións.
Tendo en conta a traxectoria da pelota, a pa debe situarse atrás e preparada golpear.
Orienta a pa en función da altura que busques.
Se queres un golpe tenso e horizontal, a pa mirará cara a fronte.
Se queres un golpe alto e ascendente, a pa mirará lixeiramente cara arriba.
Non tenses de máis o brazo ao golpear e acompaña o golpe coa rotación do corpo e o ombreiro.
Revés
Golpear de revés é golpear polo lado non dominante.
Non importa se es destro ou zurdo.
Para executar correctamente este golpe ten en conta:
O pé do lado dominante cruza ao lado contrario.
O ombreiro do lado dominante apuntará cara ao frontis.
Tendo en conta a traxectoria da pelota, a pa debe situarse atrás e preparada para golpear.
Orienta a pa en función da altura de golpe que busques.
Se queres un golpe tenso e horizontal, a pa mirará cara a fronte.
Se queres un golpe alto e ascendente, a pa mirará lixeiramente cara arriba.
Non tenses de máis o brazo ao golpear e acompaña o golpeo coa rotación do corpo e o ombreiro.
Golpes a distintas alturas
En función da traxectoria na que recibas a bóla, poderás executar golpes a distintas alturas.
Na seguinte páxina do REA afondamos nos tipos de golpes.
Podemos clasificalos en:
Golpes a mans altas: por encima do nivel dos ombreiros. Exemplo: remate, deixada alta...
Golpes a media altura: entre a liña da cadeira e ombreiros. Exemplo: o drive.
Golpes a mans baixas: por debaixo do nivel da cintura. Exemplo: globos, deixada baixa...
Audio
Coñece a táctica
Durante este REA vas realizar desafíos técnicos individuais e cooperativos. Dito isto, aquí tes información extra de aspectos tácticos que deberías ter en conta neste tipo de deportes para poder vencer a un ou a unha rival:
Sitúate no centro. Despois de cada golpe regresa ao centro da pista, dende aí terás máis opcións de chegar a calquera punto do espazo ao que o ou a rival che envíe a pelota.
Alterna golpes en lonxitude e profundidade. Trata de mover o teu rival alternando golpes lonxe e preto do muro.
Se precisas tempo, fai golpes altos. Cos "globos" gañas tempo para volver colocarte e prepararte para accións posteriores.
Aproveita os ángulos das paredes para descolocar ao rival e dificultar a lectura das traxectorias.
Paciencia: Non trates de facer o golpe gañador de forma rápida. Agarda ao momento adecuado.
Lectura facilitada
Durante este REA vas realizar desafíos técnicos individuais e cooperativos.
Aquí tes información extra de aspectos tácticos que deberías usar ao enfrontarte a outra persoa rival.
Despois de cada golpe regresa ao centro da pista.
Trata de mover o teu rival alternando golpes lonxe e preto do muro.
Cos "globos" gañas tempo para volver a colocarte e prepararte para accións posteriores.
Aproveita os ángulos das paredes para descolocar ao rival e dificultar a lectura das traxectorias.
Agarda ao momento adecuado para facer o golpe gañador.
Audio
Golpeando contra o muro
Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo
Xa coñecedes as técnicas básicas comúns dos deportes de muro. A continuación tes dous bloques de desafíos para que adquiras un bo dominio da técnica e saibas no que te tes que fixar á hora de seleccionar á elite.
Terás 2 sesións para acadalos todos.
Non te esquezas de facer o quecemento específico e o estiramento correspondente que deseñastes (ou practicastes, segundo vos tocara) no apartado 3.1.
Audio
Bloque 1: desafíos individuais de manexo da pa
Desafío 1.1: "Golpes de dereita"
Coa empuñadura correcta da pa, coloca a palma da man mirando cara arriba. Consegues dar 20 golpes á pelota sen que caia?
Desafío 1.2: "Golpes de revés"
Coa empuñadura correcta da pa, coloca o dorso da man mirando cara arriba. Consegues dar 20 golpes á pelota sen que caia?
Desafío 1.3: "Golpes alternos"
Coa empuñadura correcta da pa, tenta dar 20 golpes á pelota sen que caia, pero desta vez alternando un golpe de dereita e outro de revés.
Desafío 1.4: "Free Style"
Coa empuñadura correcta da pa, tenta golpear a pelota sen que caia mentres fas os seguintes "trucos": golpear por debaixo dunha perna e golpear por detrás das costas.
Proposta extra: desata a túa creatividade inventando algún "truco" e retando aos teus compañeiros e compañeiras de comisión a ver se tamén conseguen facelo.
Lectura facilitada
Desafío 1.1: "Golpes de dereita"
Ten unha empuñadura correcta da pa.
Coloca a palma da man mirando cara arriba.
Tes que dar 20 golpes á pelota sen que caia.
Desafío 1.2: "Golpes de revés"
Ten unha empuñadura correcta da pa.
Coloca o dorso da man mirando cara arriba.
Tes que dar 20 golpes á pelota sen que caia.
Desafío 1.3: "Golpes alternos"
Ten unha empuñadura correcta da pa.
Alterna un golpe de dereita e outro de revés.
Tes que dar 20 golpes á pelota sen que caia.
Desafío 1.4: "Free Style"
Ten unha empuñadura correcta da pa.
Tenta golpear a pelota sen que caia mentres fas os seguintes "trucos":
Golpear por debaixo dunha perna.
Golpear por detrás das costas.
Proposta extra: desata a túa creatividade inventando algún "truco".
Reta aos teus compañeiros e compañeiras de comisión a ver se o conseguen.
Audio
Bloque 2: desafíos cooperativos contra o muro
Desafío 2.1: "Golpes de dereita contra o muro"
Organízate en parellas cos membros da túa comisión. Executa un saque e logo intentade dar 20 golpes de dereita contra a parede cun só bote entre cada execución.
Desafío 2.2: "Golpes de revés contra o muro"
Mantendo as parellas de antes, executa un saque e logo intentade dar 20 golpes de revés contra a parede cun só bote entre cada execución.
Desafío 2.3: "Golpes con bote e sen bote"
Mantendo as parellas de antes, executa un saque e a partir de aquí, un da parella executará os golpes tras deixar botar e o outro, situado máis preto do frontis, debe executar sen golpes sen bote previo. Conseguides esta dinámica durante un total de 10 golpes?
Ollo! deberás adaptarte á traxectoria da pelota, podendo realizar golpes de dereita, de revés, a mans baixas, media altura ou mans altas.
Desafío 2.4: "Golpes a mans altas"
Mantendo as parellas de antes, executa un saque e a partir de aquí, un da parella executará golpes ascendentes, tratando de que collan altura, e o outro executará golpes sen que bote e a mans altas. Conseguides facer con éxito 10 golpes a mans altas cada un?
Desafío 2.5: "A pelota non para!"
Agora, participaredes todos os membros da comisión. Estableceredes unha orde e, a partir de aquí, o primeiro executará o servizo, tendo o resto que manter a pelota en xogo nas condicións regulamentarias e respectando a orde establecida.
Sodes capaces de chegar a 40 golpes entre todas as persoas da comisión?
Agora non hai técnicas obrigatorias, debedes aplicar todo o que vistes e adaptarse á traxectoria da pelota en todo momento.
Tratade de deixala nas mellores condicións posibles para que a seguinte persoa o faga.
Condicións regulamentarias:
A pelota ten que golpear o frontis dentro dos límites establecidos.
A pelota pode dar 1 bote como máximo.
Debedes respectar a orde establecida.
Consello: contade en alto os golpes.
Lectura facilitada
Desafío 2.1: "Golpes de dereita contra o muro"
Organízate en parellas cos membros da túa comisión.
Executa o saque.
Tedes que dar 20 golpes de dereita contra a parede.
Só se permite un bote entre cada execución.
Desafío 2.2: "Golpes de revés contra o muro"
Mantendo as parellas de antes, executa un saque.
Intentade dar 20 golpes de revés contra a parede.
Só se permite un bote entre cada execución.
Desafío 2.3: "Golpes con bote e sen bote"
Mantendo as parellas de antes, executa o saque.
Un da parella executará os golpes tras bote o o outro sen que a pelota bote.
A persoa que executa tras bote situarase máis lonxe do frontis.
A persoa que executa sen bote situarase máis preto do frontis.
Tedes que acadar 10 golpes.
Ollo! deberás adaptarte á traxectoria da pelota.
Para isto terás que facer todo tipo de golpes
Desafío 2.4: "Golpes a mans altas"
Mantendo as parellas de antes, executa un saque.
Despois, un membro da parella executará golpes ascendentes tratando de que collan altura.
O outro membro executará golpes sen que bote e a mans altas.
Despois cambiades o rol.
Tedes que facer con éxito 10 golpes a mans altas cada persoa.
Desafío 2.5: "A pelota non para!"
Agora, participaredes todos os membros da comisión.
Estableceredes unha orde fixa.
O primeiro executará o servizo, tendo o resto que manter a pelota en xogo nas condicións regulamentarias.
Tedes que respectar a orde que establecestes.
O obxectivo é dar 40 golpes entre todos e todas.
Agora non hai técnicas obrigatorias, debedes aplicar todo o que xa vistes.
Debedes adaptarse á traxectoria da pelota.
Tratade de deixala nas mellores condicións posibles para a seguinte persoa que o faga.
Condicións regulamentarias:
A pelota ten que golpear o frontis dentro dos límites establecidos.