| Título |
A gran selección galega |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe desenvolve a constitución do Comité Olímpico Galego (COG). O alumnado, como integrante do COG, terá que especializarse en dúas modalidades de deportes individuais: atletismo e pas. No atletismo practicará o salto de lonxitude, o salto de altura, as carreiras de velocidade e as remudas; mentres que nas pas superará desafíos de muro e de cancha dividida. Ademais, coñecerá os principais expoñentes galegos destas modalidades deportivas, poñendo en valor o papel da muller neste eido. O reto proposto consiste en crear un proceso de selección tipo breakout que lle permita ao COG escoller as mellores persoas deportistas das modalidades de atletismo e pas. |
| Persoas elaboradoras |
Xiana Guerra Arias Luis Miguel Quinteiro López Iago Saco Estévez |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "A gran selección galega"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
