Agora que rematou a elaboración e demostración das probas do breakout de selección, cómpre facer unha posta en común e reflexionar. Nesta fase:
- Enfrontaraste ao breakout deseñado por outro grupo.
- Valorarás o seu traballo en confrontación co teu propio.
- Farás un repaso visual do que aprendiches ao longo de todo o recurso.
- Reflexionarás sobre a utilidade do aprendido e a posible transferencia a outras situacións da vida cotiá.
A polo derradeiro chanzo!
Lectura facilitada
Agora que rematou o breakout de selección, toca poñerse a reflexionar.
Nesta fase:
- Enfrontaraste ao breakout doutro grupo.
- Valorarás o teu traballo e o dos outros.
- Farás un repaso visual do aprendido.
- Reflexionarás sobre como o aprendido pode ser útil noutras situacións.
A polo derradeiro chanzo!