Saltar navegación

5.2. A meta final

Que aprendiches?

Chega o momento de facer balance de todo o aprendido ao longo deste desafío olímpico. A continuación, tes un resumo visual do traballo realizado como membro do Comité Olímpico Galego. Fai clic na imaxe para exploralo con máis detalle.

Resumo gráfico dos contidos do REA

Conclusións

  • Ao longo deste desafío convertícheste nun membro do Comité Olímpico Galego, descubrindo curiosidades sobre o atletismo e as actividades con palas, así como as súas normas e características principais.
  • Practicaches diferentes desafíos, mellorando aspectos técnicos e superando retos individuais e de equipo.
  • Ademais, coñeciches deportistas galegos e galegas, valorando o seu esforzo e a importancia dun deporte inclusivo e sen estereotipos.
  • Tamén deseñaches probas para o breakout final, aplicando o aprendido e desenvolvendo a creatividade, a organización e a toma de decisións en grupo.
  • Ao mesmo tempo, colaboraches cos teus compañeiros e compañeiras, respectando ideas, resolvendo conflitos mediante o diálogo e traballando en equipo.

Esta infografía recolle todo o aprendido e axúdache a comprender a importancia do esforzo, a cooperación e os hábitos saudables dentro e fóra da pista.

Lectura facilitada

Ao longo deste desafío:

  • Melloraches aspectos técnicos de distintos deportes.
  • Superaches retos individuais e de equipo.
  • Coñeciches deportistas galegos e galegas.
  • Valoraches a importancia dun deporte inclusivo e sen estereotipos.
  • Deseñaches probas para o breakout final
  • Desenvolviches a creatividade, a organización e a toma de decisións en grupo.
  • Colaboraches cos teus compañeiros e compañeiras.

Esta infografía recolle todo o aprendido.

Axúdache a comprender a importancia do esforzo, da cooperación e dos hábitos saudables dentro e fóra da pista.

Momento de reflexión

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Estás a piques de pechar este desafío olímpico. Reflexiona sobre todo o que aprendiches, celebra os teus logros e pensa en como aplicarás estas experiencias en novos retos. Cada proba superada, cada decisión e cada traballo en equipo forman parte do teu crecemento como deportista. 

Como foi o momento de ver que fixeron o resto de grupos e de analizar as súas solucións para conseguir o reto?

Valórao cubrindo a táboa que atoparás na fase 5 do teu diario de aprendizaxe.

    Lectura facilitada

    Remata esta aventura olímpica.

    É o momento de reflexionar e anotar. 

    Comparte as túas achegas e reflexións no teu diario de aprendizaxe.  

    Deberás cubrir as cuestións da Fase 5.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)