Saltar navegación

5.1. Valoración olímpica

 

Glosario

Probar

Pictograma de dúas persoas xogando no chan.

Definición:

Facer ou experimentar algo para ver como funciona.

Exemplo:

Os equipos van probar o breakout doutro grupo para ver se poden resolver os retos correctamente.

Rúbrica

Pictograma de instrucións para representar a imaxe dunha rúbrica

Definición:

É un instrumento de avaliación que se utiliza para medir o desempeño dos estudantes en tarefas específicas.

Exemplo:

A rúbrica permítenos avaliar o noso desempeño no reto.

O Comité fai a proba!

Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo
Pictograma dunha persoa pensando e resolvendo cousas.

Agora é a vosa quenda!

Cada grupo vai poñer en práctica un dos breakout deseñado polo resto dos equipos. A persoa docente indicaravos, mediante sorteo, que breakout doutro grupo debedes realizar.

Segundo determine a persoa docente, actuaredes como participantes e/ou como organizadores/as-colaboradores/as, apoiando e controlando o desenvolvemento das probas. 

Será o momento de revalidar o proceso selectivo! Imos alá!

Lectura facilitada

Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo

Agora é a vosa quenda!

Cada grupo vai probar un breakout diferente ao seu.

A persoa docente indicaravos cal.

Realizaredes as probas preparadas polo resto de equipos.

Actuaredes como participantes e/ou como organizadores/as-colaboradores/as.

Apoiaredes e controlaredes o desenvolvemento das probas. 

Así validaredes o proceso de selección.

Imos alá!

O Comité valora

Pictograma no que se representa unha avaliación mediante un personaxe que mira cunha lupa un documento no que está escrita unha nota, un 9, e ticks en verde.

Cando remata unha competición, o Comité Olímpico reúnese para analizar como foi o rendemento e valorar os resultados acadados. Non só se ten en conta quen gaña, senón tamén o esforzo, o traballo en equipo, a organización e o respecto ás normas. A partir desta análise, reflexionan e, se é necesario, propoñen melloras para futuros desafíos.

Nesta ocasión, cada grupo participou no breakout deseñado por outro equipo, poñendo a proba as súas habilidades e vivindo o reto desde unha nova perspectiva. Agora tócache a ti facer de membro do Comité: é o momento de valorar a experiencia, reflexionar sobre o vivido e analizar o resultado. A continuación tes os instrumentos para realizar esa valoración.

Lectura facilitada

Ao rematar, o Comité Olímpico analiza como foi a actividade e pensa en posibles melloras.

Nesta ocasión, participaches no breakout doutro equipo.

Agora reflexiona sobre a túa experiencia.

Pensa que fixeches ben e que podes mellorar.

A continuación tes os instrumentos para realizar esa valoración.

Como foi o traballo en equipo?

Rúbrica para reflexionar e valorar a túa contribución ao reto grupal.

Rúbrica de avaliación do traballo en equipo
 Foinos excelente porque...Fixémolo ben porque...Custounos un pouco porque...Debemos mellorar porque...
Na participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras persoas. (2)Todos os membros do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas porque nos centramos no noso traballo. (1,5)A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1)Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0,5)
O clima de traballoFoi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2)Foi agradable aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1,5)Foi pouco motivador porque houbo conflitos frecuentes que afectaban ao traballo e que se resolveron con axuda. (1)Foi conflitivo porque houbo moitos problemas que afectaron ao traballo. (0,5)
Na posta en común de ideasTodas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento de propostas. (2)Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen razoamento. (1,5)A metade do grupo achegou ideas e propuxo ideas e solucións para acadar as tarefas. (1)Só un membro do equipo achegou ideas, o resto das persoas non levou propostas ao debate. (0,5)
Para o seguimento do traballoFixemos debates e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non houbo propostas de mellora. (1,5)Analizamos os resultados do traballo, pero sen debates nin propostas de mellora. (1)Non fixemos a valoración do traballo nin debatemos os resultados. (0,5)
A autonomíaFoi plena xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda, incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)Foi adecuada xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda. (1,5)Foi moderada xa que tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1)Foi escasa xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (0,5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de avaliación do traballo en equipo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Como foi a miña participación?

Rúbrica de autoavaliación
 Foime xenial porque...Fíxeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxectoEntendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2)Souben o que tiña que facer no reto, aínda que non entendín o seu propósito. (1,5)Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1)Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0,5)
No traballo en equipoIntegreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2)Integreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Acheguei poucas propostas, pero apoiei as propostas dos demais. (1,5)Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1)Non logrei integrarme ben no grupo e rexeitei o traballo. (0,5)
No traballo individualRealicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2)Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1,5)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesar de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0,5)
Nas sesións motricesParticipei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. Axudei as miñas compañeiras e compañeiros. (2)Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. (1,5)Participei nas tarefas pero non me esforcei o necesario e algunhas saíron mal. Debería implicarme máis. (1)A pesar de participar en algunhas actividades, frustreime moito e desistín en realizar ou intentar todas as tarefas. Debería esforzarme moito máis. (0,5)
Na superación do retoTraballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. Presentei o videotitorial rematado e a tempo co meu grupo. (2)Colaborei na consecución do reto. Presentei o videotitorial co meu grupo. (1,5)A miña participación para superar o reto foi baixa, as miñas compañeiras e compañeiros tiveron que axudarme moito. (1)Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (0,5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de autoavaliación (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)