Saltar navegación

4.2. Decisións técnicas

 

Glosario

Comisión

Pictograma dun conxunto de persoas organizadas nun grupo cunha xerarquía

Definición:

Conxunto de persoas que teñen ao seu cargo a preparación ou xestión de certo asunto.

Exemplo:

Nós como Comisión designada polo COG temos a misión de deseñar as probas de selección.

Pasaporte

Pictograma dun pasaporte español

Definición:

Documento de identidade que a administración dun país expide para viaxar ao estranxeiro.

Exemplo:

O COG expediunos o pasaporte olímpico tras superar as probas de selección.

Primeiros pasos

Nesta etapa deberedes definir aspectos fundamentais do voso breakout olímpico:

A fase de clasificación

Pictograma que representa a unha persoa facendo unha selección.Decidide o nivel de dificultade, é dicir, que tipo de probas de selección ides a deseñar: comarcal, provincial ou autonómico (lembrade que tedes as características de cada un deles no apartado 4.1). Así, segundo o que decidades teredes que facer un número diferente de probas: un total de 5 probas para a fase comarcal, 6 probas a nivel provincial, e 7 probas para o nivel autonómico.

As probas de selección

Pictograma de dúas persoas xogando ás pas.

Debedes escoller que probas tanto físicas como mentais ides a deseñar:

  • Lembrade que practicastes desafíos físicos e mentais na Fase 3, que vos poden servir de inspiración.
  • Se elixistes o nivel comarcal, teredes que escoller 2 desafíos físicos e 3 mentais, no provincial 3 físicos e 3 mentais e no autonómico 3 físicas e 4 mentais.

Tede en conta que dispoñeredes de 40 minutos para realizalo.

A organización da Comisión

Pictograma que representa unha organización dentro dun grupo de persoas.

Como Comisión designada polo COG deberedes organizarvos e repartir o traballo de maneira equilibrada e eficiente:

  • Repartide o traballo e elixide quen se encargará de elaborar cada unha das probas, de recompilar o material... 
  • Teredes que amosar habilidades de traballo en equipo e de saber escoitar e respectar as opinións dos demais sen impoñer a vosa.

Lectura facilitada

Agora deberedes definir aspectos fundamentais do voso breakout olímpico:

A fase de clasificación

Decidide o nivel de dificultade: comarcal, provincial ou autonómico.

O nivel comarcal ten 5 probas.

O nivel provincial ten 6 probas.

O nivel autonómico ten 7 probas. (lembrade o apartado 4.1

As probas de selección

Elixide as probas físicas e mentais que ides incluír:

Repasade os desafíos físicos e mentais da Fase 3 para inspirarvos.

Tede en conta o nivel do breakout.

O tempo dispoñible é de 40 minutos.

A organización da Comisión

Organizádevos dentro do grupo.

Repartide as probas.

Respectade as opinións dos demais. De seguro que o conseguides. 

Proba a proba

Lembrade que dentro da descrición de cada proba ten que aparecer:

A duración e orde das probas

Pictograma que representa un reloxo cun período de tempo indeterminado.Tedes que establecer orde e a duración estimada de cada unha das probas. Tede en conta que a duración total é de 40 minutos máximo.

Os materiais necesarios

Deberedes ter previsto todo o material que necesitaredes. Tede en conta a cantidade necesaria por estación/desafío. 

Para os desafíos mentais:

  • Caixas e cadeados: elementos fundamentais de calquera breakout.
Imaxe dunha urna olímpica pechada cun cadeado.
Urna olímpica (cREAgal)
                       Imaxe dun cadeado cunha combinación de tres díxitos.
Cadeado de tres díxitos (cREAgal)
  • Material impreso: necesario para desafíos como quebracabezas (pezas recortadas e plastificadas), cifrado César (os discos), reixas (recortados os buracos), encrucillados...
  • Outro: lanternas UV, filtros de cores...

Para os desafíos físicos:

  • Material deportivo específico: pas, pelotas, testemuños, conos, redes...

Os agrupamentos

Pictograma que amosa un grupo de persoas formando un grupo.Determinade o tipo de agrupamento para levala a cabo: individual ou grupal. No caso de que sexa grupal, indicade o número de persoas participantes.

As normas e indicacións

Pictograma que unha folla cunha serie de normas a cumprir.Na descrición dos desafíos teredes que concretar de xeito claro e conciso as normas e indicacións para levar a  cabo a proba.

A maiores teredes que definir os espazos e o premio final.

Toda esta información será incluída nunha ficha de rexistro con espazo para ir anotando as solucións.

Preme na seguinte imaxe para descargar o arquivo editable desta ficha:

Folla de rexistro para as probas do breakout. Para cada proba debe indicarse o agrupamento, o material necesario, as normas e a solución da mesma

Lectura facilitada

Na descrición de cada proba ten que aparecer:

A duración e orde das probas

Establecede a orde das probas.

Poñede e a duración estimada de cada proba.

duración total ten que ser de 40 minutos máximo.

Os materiais necesarios

Prevede o material necesario.

Decidide tipo e cantidade.

Para os desafíos mentais precisaredes:

  • Caixas e cadeados.
  • Material impreso: quebracabezas, reixas, encrucillados...
  • Outro: lanternas UV, filtros de cores...

Para os desafíos físicos precisaredes pas, pelotas, testemuñas, conos, redes...

Os agrupamentos

As probas poden ser individuais ou grupais.

Decidide o número de participantes de cada proba.

As normas e indicacións

Escribide de xeito claro as normas.

Tamén poñedes indicacións para levar a cabo a proba.

Tamén teredes que definir os espazos e o premio final.

Incluíde esta información e máis as solucións das probas na ficha de rexistro.

Preme na seguinte imaxe para descargar o arquivo editable desta folla de rexistro:

Folla de rexistro para as probas do breakout. Para cada proba debe indicarse o agrupamento, o material necesario, as normas e a solución da mesma.

Arquivos

Ligazón á ficha de rexistro en formato editable e non editable:

Preme para descargar a Ficha das probas de selección en versión editable (ODT).

Preme para descargar a Ficha das probas de selección en versión non editable (PDF).

Exemplo

Lembrade que faredes un breakout cunha estrutura lineal, onde un desafío leva a outro de xeito secuencial.

A continuación tedes un exemplo de secuencia con seis desafíos e como obxectivo final conseguir abrir a urna olímpica cun cadeado de tres díxitos. 

Imaxe dunha infografía que resume as probas a realizar no breakout

As persoas participantes que consigan superar as probas obterán a combinación de tres díxitos para abrir este cadeado final e acadar o pasaporte olímpico:

Imaxe dun cadeado aberto e o pasaporte olímpico.

Nas seguintes ligazóns tedes as dúas versións deste exemplo de premio final: o pasaporte olímpico (aínda que podedes decidir outro tipo de premio que se vos ocorra).

Preme para descargar o modelo de pasaporte olímpico en formato editable (ODT).

Preme para descargar o modelo de pasaporte olímpico en formato non editable (PDF).

Lectura facilitada

O breakout terá unha estrutura lineal.

Un desafío leva a outro.

A continuación tedes un exemplo de desafío lineal.

Veredes que o obxectivo final de abrir o cadeado da urna olímpica. 

Imaxe dunha infografía que resume as probas a realizar no breakout

Ao final ten que haber un premio.

No seguinte exemplo o premio é un pasaporte olímpico:

Imaxe dun cadeado aberto e o pasaporte olímpico.

A continuación tedes as dúas versións deste exemplo de premio final. Podedes decidir outro tipo de premio.

Preme para descargar o modelo de pasaporte olímpico en formato editable (ODT).

Preme para descargar o modelo de pasaporte olímpico en formato non editable (PDF).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)