Saltar navegación

3.5. Misión "breakout"

 

Glosario

Breakout

Pictograma dunha persoa abrindo una caixa.

Definición:

Un breakout educativo é unha actividade gamificada na que se debe resolver unha serie de retos, enigmas e probas para “escapar” dunha situación abrindo un cadeado dunha caixa ou conseguir un obxectivo final de aprendizaxe

Exemplo:

Coa resolución deste breakout aprenderemos sobre os deportes individuais e os deportes de raqueta.

Cadeado

Pictograma dun cadeado.

Definición:

Un cadeado é un dispositivo físico ou ben dixital que desbloquea pistas, caixas, dá paso a outra misión... ou a súa apertura supón a misión final do xogo.

Exemplo:

Abrimos a caixa misteriosa 1 atopando a combinación do cadeado final.

Enigmas/desafíos

Pictograma dun signo de interrogación final

Definición:

Actividade de lóxica, busca, cooperación, cálculo ou de coñecemento dun contido educativo para obter unha pista ou abrir un cadeado.

Exemplo:

Non fomos capaces de resolver o enigma e non conseguimos pasar á seguinte misión.

As probas de selección

Icona dunha persoa pensando nas medallas olímpicas e o logo do COG.

A gran selección galega está a piques de comezar!

Ata o de agora estivestes a adestrarvos para deseñar as mellores probas físicas do proceso selectivo. Neste apartado afondaredes nos enigmas e desafíos mentais propios dun breakout. Podedes atopalos a continuación, xunto con exemplos e modelos/padróns para reutilizar e adaptar durante o voso reto. Adiante!

Lectura facilitada

A gran selección galega está a piques de comezar!

Coñecedes as mellores probas físicas do proceso selectivo.

Neste apartado afondaredes nos enigmas e desafíos mentais propios dun breakout

Podedes atopalos a continuación.

Tamén veredes exemplos e modelos/padróns.

Poderedes reutilizar e adaptar estes recursos para o voso reto.

Adiante!

Caixas, cadeados e contadores

As caixas e cadeados son elementos fundamentais de calquera breakout. 

Caixas

As caixas utilízanse para conter o "tesouro", é dicir, a recompensa final ou a resolución final da aventura. En lugar de caixas pódense empregar maletíns ou cartafoles.

Imaxe dunha caixa final co cadeado de 4 díxitos.

En liña coa narrativa do voso breakout, podedes crear unha urna olímpica como se amosa no seguinte exemplo:

Imaxe dunha urna pechada cun cadeado co logotipo olímpico na tapa.

Nesta ligazón tes información sobre como crear caixas misteriosas: Caixas misteriosas.

Cadeados

Os cadeados serven para pechar as caixas, maletíns ou cartafoles. Poden ser físicos ou dixitais

Os cadeados de tres ou catro díxitos na súa combinación de apertura adoitan ser os máis usados.

Na imaxe seguinte amósase un cadeado de tres díxitos na súa combinación de apertura:

Icona dun cadeado físico de tres díxitos na súa combinación de apertura.

Preme na seguinte imaxe para acceder a un cadeado dixital:

Captura de pantalla do cadeado dixital creado para o breakout.

Para descargar o exemplo de cadeado:

Facede clic co botón dereito na seguinte ligazón e premede en "Gardar como". Descargarase no voso ordenador. Despois podedes editar os parámetros e aspecto do mesmo, así como, o contrasinal (por defecto é "1234").

Codigo HTML dun cadeado dixital

Cronómetros

Os contadores de tempo permiten acoutar a duración das probas ou do breakout completo, o que engade máis emoción ao proceso de resolución. Distínguense entre cronómetros e contas regresivas.

Preme na imaxe para acceder a un cronómetro:

Captura de pantalla do cronómetro olímpico creado para o breakout.

* Se queredes descargar o arquivo HTML premede co botón dereito sobre a imaxe e logo en "Gardar como".

Para descargar o exemplo de cronómetro:

Premede na seguinte ligazón ou facede clic co botón dereito e premer en "Abrir unha nova lapela" no menú emerxente. Tamén podedes premede na anterior imaxe.

Código HTML dun cronómetro

Contas regresivas

As contas regresivas son perfectas para controlar/limitar o tempo de duración dunha proba ou do mesmo breakout.

Preme na imaxe para acceder a unha conta regresiva:

Captura de pantalla da conta regresiva olímpica creada para o breakout.* Se queredes descargar o arquivo HTML premede co botón dereito sobre a imaxe e logo en "Gardar como".

Para descargar o exemplo de conta regresiva:

Premede na ligazón seguinte ou facede clic co botón dereito e premer en "Abrir unha nova lapela" no menú emerxente. Tamén podedes nas imaxes anteriores.

Código HTML dunha conta regresiva

Lectura facilitada

Os elementos fundamentais dun breakout son:

Caixas

As caixas conteñen a recompensa final ou a resolución final da aventura.

En lugar de caixas poden ser maletíns ou cartafoles.

Imaxe dunha caixa final co cadeado de 4 díxitos.

Podedes crear unha urna olímpica como a seguinte:

Imaxe dunha urna pechada cun cadeado co logotipo olímpico na tapa.

Nesta ligazón tedes información sobre como crear caixas misteriosas: Caixas misteriosas

Cadeados

Os cadeados serven para pechar as caixas, maletíns ou cartafoles.

Poden ser físicos ou dixitais. 

Os cadeados de tres ou catro díxitos na súa combinación de apertura adoitan ser os máis usados.

Aquí tedes un exemplo dun cadeado de tres díxitos:

Icona dun cadeado físico de tres díxitos na súa combinación de apertura.

Preme na seguinte imaxe para acceder a un cadeado dixital:

Captura de pantalla do cadeado dixital creado para o breakout.

Para descargalo facede clic co botón dereito premer en "Gardar como".

Despois podedes modificalo, por exemplo, o contrasinal (por defecto é "1234").

Codigo HTML dun cadeado dixital

Cronómetros

Para acoutar a duración das probas ou o breakout dispoñemos dos contadores.

Os principais son os cronómetros e as contas regresivas.

Preme na imaxe para acceder ao cronómetro:

Captura de pantalla do cronómetro olímpico creado para o breakout.

Para descargar o arquivo HTML premede co botón dereito sobre a imaxe anterior e logo en "Gardar como".

Premede na seguinte ligazón ou facede clic co botón dereito e premer en "Abrir nunha nova lapela".

Código HTML dun cronómetro

Contas regresivas

As contas regresivas son perfectas para controlar/limitar o tempo dunha proba ou dun breakout.

Preme na imaxe para acceder á conta regresiva:

Captura de pantalla da conta regresiva olímpica creada para o breakout.

Para descargar o arquivo HTML premede co botón dereito sobre a imaxe anterior e logo en "Gardar como".

Premede na seguinte ligazón ou facede clic co botón dereito e premer en "Abrir nunha nova lapela".

Código HTML dunha conta regresiva

Mensaxes cifradas

Unha mensaxe cifrada é unha mensaxe escrita de maneira que só a poida entender quen coñeza a clave ou o método para descifrala. Hai diferentes maneiras de cifrar mensaxes.

Cifrado César

Consta de dous discos concéntricos que viran un ao redor do outro. O disco externo, o máis grande, representa o alfabeto completo e o externo, o máis pequeno, o alfabeto cifrado.

A continuación tedes un modelo/padrón cun exemplo de disco olímpico (cómpre facer clic sobre a imaxe para descargala).

 Imaxe do modelo/patrón de exemplo do disco cifrado (cREAgal)

É necesario dar a clave para que o receptor da mensaxe poda descifrala. Por exemplo, se a clave é 2, entón viraremos o disco interior no sentido das agullas do reloxo dúas posicións, así a letra C será a letra A na mensaxe encriptada.

Se queredes saber máis sobre as mensaxes cifradas tedes máis información nas seguintes ligazóns:

Exemplo Cifrado César

ENCRIPTADO: A B C D E F G H I
 CLAVE 2: 0 1 2 3 4 5 6 7 8
 DESENCRIPTADO: Y Z A B C D E F G
  • Pregunta: Onde naceron os Xogos Olímpicos na Antigüidade?
  • Mensaxe Cifrado (clave 2): QNKÑRKC
  • Desencriptado: OLIMPIA

Podedes elaborar tarxetas con preguntas relacionadas cos contidos vistos ao longo da Fase 3. A resposta pode ser a clave para descifrar unha mensaxe co disco cifrado. Fíxate no exemplo inferior:

Imaxe do anverso e reverso das tarxetas de preguntas de exemplo.

Resposta: será a 1, que será a clave para descifrar a mensaxe encriptada co disco.

Código Morse

O código Morse, tamén chamado alfabeto Morse, é un sistema de representación de caracteres mediante sinais intermitentes, usando puntos (·) e raias (−) para cada letra, número ou signo de puntuación. 

Imaxe co alfabeto Morse internacional.

  • Na seguinte web atoparedes un tradutor de código morse:  https://morsecodetranslator.com/es/ .
  • Podedes probar a traducir esta mensaxe secreta: .- ... / .--. .- ... / -.-. .--.- -. - .- -... .-. .- ... / ..-.. / ..- -. / -.. . .--. --- .-. - . / ..-. . -.. . .-. .- -.. ---

Alfabeto encriptado 

Utilizando un alfabeto diferente podedes encriptar mensaxes secretas que leven a outras pistas/enigmas. 

As persoas participantes deben ter a clave para poder descifrar a mensaxe. Esta clave poden gañala noutra proba/enigma ou levala con eles dende o inicio.

A continuación tedes un exemplo dun alfabeto encriptado: na parte superior aparecen as letras do abecedario e, debaixo, os símbolos correspondentes. Con imaxinación, papel e lapis poderedes crear o voso propio.

Imaxe dun alfabeto encriptado creado para o breakout.

  • No seguinte documento tedes un modelo coas instrucións para utilizar. Preme na imaxe para descargalo documento en formato *.pdf:

Imaxe dun modelo/padrón de mensaxe encriptada.

Creade o voso alfabeto encriptado

  • Na seguinte web tedes unha ferramenta para crear unha fonte caligráfica que poderedes utilizar en calquera programa de edición de texto. Isto é especialmente útil para crear as mensaxes encriptadas.

Captura de pantalla da páxina web de Calligraphr.

E aquí un titorial para facer a túa primeira fonte caligráfica: Titorial da ferramenta: Calligraphr

Se non queredes creala, aquí tedes o arquivo de fontes co anterior encriptado:

Fontencriptada-Regular.otf

Cifrado de reixa

Para crear este cifrado necesitaredes unha táboa onde introduciredes o texto e unha reixa de papel cuns buratos (que teredes que perforar ou recortar) en celas específicas que poñeredes encima da táboas.

REIXA:                                                        TÁBOA:

Imaxe da táboa e a reixa do cifrado en reixa creado para o breakout.

Ao virar a reixa 90 grados en sentido horario, debería amosarse parte do texto. Para completar a mensaxe deberedes virar 3 veces máis do mesmo xeito e iredes completando, así, a mensaxe oculta. 

Imaxe coas instrucións para utilizar a reixa sobre a táboa co texto.

Primeiro deberás codificar a mensaxe e imprimir a táboa coas letras e as celas en negro para recortar aquelas  que sexan necesarias. 

Nesta páxina web tedes un codificador de mensaxes en reixa: Codificador de reixa

Lectura facilitada

É necesario coñecer a clave para descifrar unha mensaxe cifrada.

Hai diferentes maneiras de cifrar mensaxes:

Cifrado César

Son dous discos concéntricos que viran un ao redor do outro.

  • O disco externo, o máis grande, representa o alfabeto completo.
  • O externo, o máis pequeno, o alfabeto cifrado.

Aquí tedes un modelo de exemplo de disco olímpico (preme sobre a imaxe para descargala).

 Imaxe do modelo/patrón de exemplo do disco cifrado (cREAgal)

Necesitamos a clave para descifrar.

Por exemplo, se a clave é 2, viramos o disco interior no sentido das agullas do reloxo dúas posicións.

Así a letra C será a letra A na mensaxe encriptada.

Se queredes saber máis sobre os mensaxes cifrados tedes máis información nos seguintes ligazóns:

O cifrado César

Exemplos de uso dos discos de cifrado 

Exemplo Cifrado César

EXEMPLO:
ENCRIPTADO: A B C D E F G H I
 CLAVE 2: 0 1 2 3 4 5 6 7 8
 DESENCRIPTADO: Y Z A B C D E F G

Pregunta: Onde naceron os Xogos Olímpicos na Antigüidade?

Mensaxe Cifrado (clave 2): QNKÑRKC

Desencriptado: OLIMPIA

Outro uso pode ser elaborar tarxetas con preguntas relacionados cos contidos vistos para descubrir a clave do disco cifrado.

Imaxe do anverso e reverso das tarxetas de preguntas de exemplo.

Resposta: Como é o un, esta será a clave para descifrar a mensaxe encriptada co disco.

Código Morse

O código Morse ou alfabeto Morse, é un sistema de cifrado usando puntos (·) e raias (−) para cada letra, número ou signo de puntuación. 

Imaxe co alfabeto morse internacional.

Na seguinte ligazón tedes un tradutor de código morse:  https://morsecodetranslator.com/es/ .

Probade a traducir esta mensaxe secreta: .- ... / .--. .- ... / -.-. .--.- -. - .- -... .-. .- ... / ..-.. / ..- -. / -.. . .--. --- .-. - . / ..-. . -.. . .-. .- -.. ---

Alfabeto encriptado 

Utilizando un alfabeto diferente podedes escribir mensaxes secretas.

A isto chamáselle encriptar.

Para poder descifrar a mensaxe debedes ter a clave.

Esta clave pode gañarse noutra proba ou tela dende o inicio.

Aquí un tedes exemplo dun alfabeto encriptado: 

Imaxe dun alfabeto encriptado creado para o breakout.

Na parte superior aparecen as letras do abecedario e, debaixo, os símbolos correspondentes.

Con imaxinación poderedes crear o voso propio.

A continuación tedes un modelo coas instrucións.

Preme na imaxe para descargala:

Imaxe dun modelo/padrón de mensaxe encriptada

Creade o voso alfabeto encriptado

Aquí podedes crear unha fonte caligráfica que poderedes utilizar en calquera programara de edición de texto.

Isto é útil para crear as mensaxes encriptadas.

Captura de pantalla da páxina web de Calligraphr.

E aquí un titorial para facer a túa primeira fonte caligráfica: Titorial da ferramenta: Calligraphr

A continuación tedes os arquivos de fontes co anterior encriptado:

Fontencriptada-Regular.otf


Cifrado de reixa

Necesitaredes unha táboa onde vai o texto e unha reixa de papel cuns buratos (para recortar) en celas específicas que poñeredes encima da táboa.

                                       REIXA:                                                        TÁBOA:

Imaxe da táboa e a reixa do cifrado en reixa creado para o breakout.

Ao virar a reixa noventa grados en sentido horario daravos parte do texto.

Deberedes virar 3 veces máis para completar a mensaxe oculta. 

Imaxe coas instrucións para utilizar a reixa sobre a táboa co texto.Primeiro codificade a mensaxe, logo imprimide a táboa e recortade as necesarias da reixa. 

Nesta ligazón tedes un codificador de mensaxes en reixa: Codificador de reixa

Mensaxes invisibles

Agochar mensaxes é útil para crear misterio, fomentar o pensamento e motivar aos participantes a investigar e resolver misterios. A continuación podedes atopar diferentes recursos para facer invisibles as mensaxes do voso breakout.

Tinta UV

Os bolígrafos de tinta ultravioleta (UV) adoitan ter unha lanterna UV e un rotulador de tinta invisible. No caso de non ter a lanterna UV, podedes usar un anaco de papel adhesivo azul ou lila e colocalo sobre a luz da lanterna do móbil.

Imaxe dun bolígrafo UV e unha mensaxe escrito con el.

Tinta invisible

Pictograma dun limón

Outra forma caseira de fabricar tinta invisible é con zume de limón.

Material necesario:

  • Un escarvadentes.
  • Medio limón.
  • Unha folla de papel.

Mollades o escarvadentes no limón e escribides con el no papel. Deixades que se seque. Logo, para descubrir a mensaxe, achegádeo a unha fonte de calor intensa (pero ollo, que non se queime o papel). Irá aparecendo a mensaxe invisible como por arte de maxia.

Mensaxes en espello

Teredes que escribir nun papel a mensaxe que queredes agochar para logo poñela diante dun espello e facerlle unha foto.

Aquí tedes un exemplo co lema olímpico: "Citius, altius, fortius".

Imaxe en papel dun texto escrito en espello.

Codificador de cores

O codificador de cores permitiravos agochar unha mensaxe nun feixe de caracteres aparentemente sen sentido. Fíxate nas seguintes imaxes. A primeira imaxe (imaxe da esquerda) está codificada cunha serie de cores e ao poñer o filtro de cor vermello enriba aparece a mensaxe secreta (imaxe da dereita):

Imaxe que explica o funcionamento do codificado de cor.

Mensaxe codificada de cor              Mensaxe descodificada co filtro

Recursos para crear mensaxes cifrados por cor:

  •  Procesador de textos: dándolle cores frías e tons escuros ás letras que compoñen a vosa mensaxe (verde e azul) e cores cálidas (amarelo, laranxa e vermello) ao resto de letras. A vosa mensaxe quedaría ao descuberta cun filtro vermello.
  • Ferramenta web para codificar unha mensaxe por cores: Codificador de cores
 

Lectura facilitada

Agochar mensaxes é útil para crear misterio e motivar aos participantes a resolver os misterios.

A continuación tedes varios recursos para facer invisibles as mensaxes: 

Tinta UV

Os bolígrafos de tinta ultravioleta (UV) teñen unha lanterna UV e un rotulador de tinta invisible.

Se non tedes a lanterna UV, colocade un anaco de papel celofán azul ou lila sobre a luz da lanterna do móbil.

Imaxe dun bolígrafo UV e unha mensaxe escrito con el.

Tinta invisible

Podedes facer tinta invisible co zume de limón.

Necesitades un escarvadentes, medio limón e papel.

Mollade o escarvadentes no limón e escribide no papel.

Cando seque achegade o papel a unha fonte de calor e aparecerá a mensaxe: maxia!

Mensaxes en espello

Escribide nun papel a mensaxe.

Logo poñédevos diante dun espello para facerlle unha foto.

Este é un exemplo co lema olímpico: "Citius, altius, fortius"

Imaxe en papel dun texto escrito en espello.

Codificador de cores

O codificador de cores permitiravos agochar unha mensaxe.

A primeira imaxe da esquerda está codificada con varias cores.

E co filtro de cor vermello enriba aparece a mensaxe secreta (imaxe da dereita):

Imaxe que explica o funcionamento do codificado de cor.

Mensaxe codificada de cor              Mensaxe descodificada co filtro

Para crear mensaxes cifradas por cor empregade:

  • Procesador de textos: dándolles cores frías e tons escuros ás letras da vosa mensaxe (verde e azul) e cores cálidas (amarelo, laranxa ou vermello) ao resto de letras.
    • A vosa mensaxe quedaría ao descuberto cun filtro vermello.
  • Ferramenta web para codificar unha mensaxe por cores: Codificador de cores
 

Quebracabezas, encrucillados e sopas de letras

Quebracabezas

Un quebracabezas é un xogo no que hai que xuntar pezas ata formar unha imaxe completa. Podedes empregar imaxes ou infografías sobre pas ou atletismo no voso breakout de selección. Fixádevos na seguinte imaxe co reixa de quebracabezas superposta lista para recortar as peza:

Imaxe dun quebracabezas dunha saltadora de lonxitude.

Podedes elaborar quebracabezas físicos en papel ou cartón ou ben nun formato dixital:

  • Aquí tedes uns modelo para superpoñer a unha imaxe física. Logo soamente queda recortar as pezas e tamén podedes plastificalas para que duren máis: 
Imaxe dunha reixa de trazos para superpoñer a unha imaxe para xerar un quebracabezas.
Imaxe doutro modelo de reixa de trazos para superpoñer a unha imaxe para xerar un quebracabezas
  • Esta ligazón levaravos a unha páxina para elaboralos en formato dixital. Necesitaredes un dispositivo para a súa visualización: Xerador de quebracabezas dixitais

Encrucillados

Pictograma dun encrucillado.É un recurso que pode valer como unha chave para acceder a outras probas ou enigmas. Tamén pode servir para probar coñecementos como vocabulario técnico específico do atletismo e as pas.

Podedes xerar os encrucillados neste aplicativo web: Xerador de encrucillados.

Sopas de letras

Pictograma dun taboleiro cheo de letras.

Outro recurso parecido aos encrucillados e coa mesma utilidade son as sopas de letras.

Na seguinte ligazón podedes acceder á páxina web dun xerador de sopa de letras: Xerador de sopa de letras.

Lectura facilitada

Quebracabezas

Imaxe dun quebracabezas dunha saltadora de lonxitude.

Un quebracabezas é un xogo no que hai que xuntar pezas.

Xuntando as pezas para formar unha imaxe completa.

Podedes empregar imaxes sobre pas ou atletismo no voso breakout.

Os quebracabezas poden ser físicos ou ben nun formato dixital.

A continuación tedes modelos para superpoñer a unha imaxe:

Imaxe dunha reixa de trazos para superpoñer a unha imaxe para xerar un quebracabezas.
Imaxe doutro modelo de reixa de trazos para superpoñer a unha imaxe para xerar un quebracabezas

Na ligazón tedes unha páxina para elaboralos en formato dixital: Xerador de quebracabezas dixitais

Encrucillados

Pictograma dun encrucillado.Os encrucillados podedes utilizalos para acceder a outras probas.

Tamén se poden usar para comprobar vocabulario do atletismo e as pas.

Podedes xerar os encrucillados neste aplicativo web: Xerador de encrucillados.

Sopas de letras

Pictograma dun taboleiro cheo de letras.

O uso das sopas de letras é semellante aos encrucillados.

Na seguinte ligazón tedes unha páxina para crear sopa de letras: Xerador de sopa de letras.

Códigos QR e outros

Códigos QR

Estes códigos poden albergar información en distintos formatos:

  • Texto plano, como preguntas teóricas sobre contidos relacionados cos deportes individuais traballados.
  • Ligazóns a quebracabezas, encrucillados...
  • Sons, como arquivos de audio cos contidos necesarios para resolver unha proba ou indicacións para pasar á seguinte.

A continuación tedes un exemplo de código QR de texto plano. Lembrade que é necesario dispor dun dispositivo co que escanealo.

Imaxe dun código QR con texto plano.

A continuación tedes unha páxina web gratuíta e sen rexistros para crear códigos QR: Xerador de códigos QR

Mensaxe con "perspectiva"

Outra opción interesante é os snotes. Primeiro tedes que crear a mensaxe ou palabras dentro dun debuxo. Logo, para poder descifralo, teredes que cambiar a perspectiva de visión (baixade a vista ata o nivel da mesa onde está a folla co debuxo impreso) e visualizar as palabras ocultas xirando a folla noventa grados de cada vez.

Imaxe dun pictograma dunha persoa mirando unha folla encima dunha mesa

A continuación tedes un exemplo dun snotes (primeira imaxe) coas fases do salto de lonxitude:

Imaxe dun snotes coas fases de salto de lonxitude.

Imaxe do primero termo agochado no snotes.

APROXIMACIÓN

Imaxe do segundo termo agochado no snotes.BATIDA Imaxe do terceiro termo agochado no snotes.VOO Imaxe do cuarto termo agochado no snotes.CAÍDA
Snotes coas fases dun salto Ao baixar a vista ao nivel da mesa Xiramos o papel 90º Volvemos  xirar 90º  e outra vez.

Aquí tedes unha páxina web para xeralos: Xerador de mensaxes con perspectiva

Noticias falsas de revistas

Un aspecto que pode apoiar a narrativa do voso breakout ou como medio para dirixirvos a outra pista/proba (por exemplo, unha mensaxe en cifrado de reixa dentro da mesma noticia) son as noticias en periódicos ou revistas

Imaxe dunha nova nun xornal falso.

A continuación tedes algunhas ligazóns útiles:

Lectura facilitada

Códigos QR

Os códigos albergan información de distintos tipos:

Texto plano, preguntas sobre os deportes individuais traballados, por exemplo.

Ligazóns a quebracabezas, encrucillados...

Sons, gravacións para resolver unha proba ou para pasar á seguinte.

A continuación tedes un exemplo de código QR de texto plano. Necesitades un dispositivo para escanealo:

Imaxe dun código QR con texto plano.

Nesta páxina podedes crear códigos QR: Xerador de códigos QR

Mensaxe con "perspectiva"

Outra opción boa é o snotes.

Primeiro tedes que crear a mensaxe ou palabras dentro dun debuxo.

Para descifralo teredes que baixar a vista ata o nivel da mesa.

Visualizaredes as palabras ocultas xirando a folla noventa grados de cada vez.

A continuación tedes un exemplo dun snotes coas fases do salto de lonxitude:

Imaxe dun snotes coas fases de salto de lonxitude.

Imaxe do primero termo agochado no snotes.

APROXIMACIÓN

Imaxe do segundo termo agochado no snotes.BATIDA Imaxe do teceiro termo agochado no snotes.VOO Imaxe do cuarto termo agochado no snotes.CAÍDA
Snotes coas fases dun salto Ao baixar a vista ao nivel da mesa Xiramos o papel 90º Volvemos a xirar 90º e outra vez.

Aquí tedes unha páxina onde xeralos: Xerador de mensaxes con perspectiva

Noticias falsas de revistas

As noticias en periódicos ou revistas valen para apoiar a narrativa.

Tamén serven para dirixirvos a outra pista.

Un exemplo: mensaxe en cifrado de reixa dentro da mesma noticia.

A continuación tedes algunhas ligazóns útiles:

Probas de clasificación

Duración: 1 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

Agora que xa coñecedes os distintos tipos de enigmas/desafíos mentais que poderedes empregar no proceso de selección do COG, é momento de probar a empregalos. 

Elaborade, xunto co resto de persoas integrantes do voso grupo de traballo (Comisión Técnica) como mínimo un dos enigmas vistos nesta páxina. 

  • Lembrade que disporedes de 1 sesión para elaborar o material.  
  • Tedes varias opcións, así que, primeiro elixide un tipo de enigma: mensaxe cifrado, mensaxe invisible, quebracabezas... e logo creade o voso enigma/desafío.

Unha vez elaborada a vosa proposta, achegádella á persoa docente a través da tarefa da aula virtual que vos indique.

A continuación, tedes a folla de rexistro para esta tarefa. Premede nela para descargala en versión editable (ODT). Máis abaixo tedes a ligazón para descargala en diferentes formatos:Imaxe para descargar a folla de rexistro para os desafíos mentais.

Lectura facilitada

Duración: 1 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

Coñecedes os distintos tipos de desafíos mentais.

Elaborade un deles co voso grupo.

Escollede o desafío que queredes crear.

Tedes unha sesión para elaborar o desafío que escollades.

Cando rematedes, entregádeo.

A persoa docente vos indicará onde entregalo.

Premede na imaxe seguinte para descargar a folla de rexistro desta tarefa en versión editable (ODT):Imaxe para descargar a folla de rexistro para os desafíos mentais.

 A continuación podedes descargala en diferentes formatos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)