Pegadas galegas no deporte

O Comité Olímpico Galego tamén busca inspiración nos grandes deportistas da nosa terra. Ao longo dos anos, moitos atletas galegos e galegas destacaron en diferentes disciplinas, levando o nome de Galicia a competicións nacionais e internacionais.
No seguinte mapa poderedes descubrir algúns e algunhas destas referentes: de onde son, en que deporte competiron e que logros acadaron.
Lectura facilitada
O Comité Olímpico Galego busca inspiración.
Fixarase nos grandes deportistas de Galicia.
Moitos atletas galegos e galegas destacaron en diferentes deportes.
Representaron a Galicia en competicións nacionais e internacionais.
No mapa seguinte poderedes ver:
- De onde son os e as deportistas.
- En que deporte competiron.
- Que logros acadaron.



Organizados por comisións, cada grupo debe recoller polo menos unha tarxeta de cada xénero das que están espalladas polo espazo e formar un “equipo mixto” con elas. Ao rematar, cada grupo presenta brevemente os logros e disciplinas dos e das deportistas que recolleu.