A comisión conta contigo
Acabas de facer un repaso en equipo no que comprobaches que o resultado dun grupo mellora cando cada persoa achega o mellor de si: as fortalezas individuais súmanse, as diferenzas complétanse e cada membro conta.
Agora é o momento de poñerte a proba de forma individual para comprobar que realmente podes achegar o mellor de ti á túa comisión. Escolle, polo menos, unha das seguintes actividades… con cal/es delas te queres coroar?
Lectura facilitada
Acabas de facer un repaso en equipo.
Comprobaches que:
- O resultado dun grupo mellora cando cada persoa dá o mellor de si.
- As fortalezas individuais súmanse.
- As diferenzas complétanse
- Cada membro conta.
Vas poñerte a proba de forma individual.
Escolle, polo menos, unha das seguintes actividades.
