Os pasos
Ides deseñar o proceso de selección dos mellores deportistas individuais para o COG (Comité Olímpico Galego):
- Crearedes un breakout cheo de probas, enigmas e acción.
- Centrarédesvos nas modalidades de atletismo e pas.
Antes de comezar, consultade o plan que ides seguir para garantir unha escolla á altura da elite.
Pasos a seguir
1. Formación de equipos
- Traballaredes en equipos de 5-6 persoas.
- Formaredes os equipos na Fase 2.
2. Exploración de coñecementos previos
- Activaredes os coñecementos previos sobre os deportes individuais e as rutinas asociadas.
- Para iso realizaredes diferentes actividades ao longo da Fase 2.
3. Experimentación e selección de contidos
- Por grupos, practicaredes dous deportes individuais: atletismo e pas.
- Deseñaredes rutinas de quecemento e estiramentos para acompañar a vosa práctica deportiva.
- Coñeceredes aos máximos expoñentes do deporte galego individual.
- Experimentaredes e escolleredes diferentes enigmas para empregar no reto final.
- Todo isto farédelo ao longo da Fase 3.
4. Deseño do proceso de selección
- Montaredes o breakout de selección.
- Escolleredes as probas a realizar.
- Comprobaredes a viabilidade das probas.
- Fixaredes o estándar requirido en cada proba.
- Todo isto farédelo ao longo da Fase 4.
5. Posta en común
- Dedicaredes unha sesión para poñer en práctica o breakout doutro grupo.
- Validaredes as súas probas.
- Con esta posta en común comeza a Fase 5.
6. Reflexión e avaliación
Para rematar a Fase 5, faredes un repaso visual de todo o aprendido e valoraredes o voso traballo e o dos compañeiros e compañeiras ao longo de todo o reto.
Lectura facilitada
Ides deseñar o proceso de selección dos mellores deportistas individuais para o Comité Olímpico Galego.
Facer A gran selección galega, implica:
- Crear un breakout cheo de probas, enigmas e acción.
- Practicar as modalidades de atletismo e pas.
Aquí tedes o plan a seguir:
Pasos a seguir
1. Formación de equipos
- Traballaredes en equipos de 5-6 persoas.
- Formaredes os equipos na Fase 2.
2. Exploración de coñecementos previos
Ao longo da fase 2:
- Repasaredes os deportes individuais e as rutinas asociadas a través de actividades.
3. Experimentación e selección de contidos
Ao longo da Fase 3:
- Por grupos, practicaredes atletismo e pas.
- Deseñaredes rutinas de quecemento e estiramentos.
- Deseñaredes un tipo de enigma que poderedes utilizar no reto final.
4. Deseño do proceso de selección
Ao comezo da Fase 4:
- Montaredes o breakout de selección.
- Escolleredes as probas a realizar.
- Comprobaredes a viabilidade das probas.
- Fixaredes o estándar requirido en cada proba.
5. Posta en común
- Dedicaredes unha sesión para que os equipos poñan en práctica o breakout doutro grupo.
- Con esta posta en común comeza a Fase 5.
6. Reflexión e avaliación
Na Fase 5:
- Faredes un repaso visual de todo o aprendido.
- Valoraredes o voso traballo.
- Avaliaredes o traballo en equipo.
