- Practicar e desenvolver as habilidades motrices básicas e específicas do atletismo e das pas.
- Comprender e utilizar os fundamentos técnicos e regulamentarios do atletismo e das pas.
- Mellorar a coordinación, a precisión, a velocidade e o control corporal.
- Traballar en equipo de xeito colaborativo e respectuoso, empregando as habilidades sociais e o diálogo para resolver conflitos.
- Levar a cabo unha práctica motriz saudable e responsable cos demais e co medio.
- Empregar aplicacións dixitais como apoio na práctica de actividades físicas.

1. Empregar correctamente as habilidades básicas e específicas do atletismo e das pas.

2. Traballar en equipo para planificar, deseñar e organizar probas e enigmas.

3. Desenvolver desafíos motores cooperativos e xogos deportivos.

4. Comunicar e guiar xogos e probas deportivas de forma participativa evitando estereotipos e comportamentos sexistas.

5. Coidar e usar o corpo de forma consciente, para a prevención de lesións e xestionando as emocións.
6. Promover a práctica deportiva respectando normas e promovendo a igualdade e inclusión no deporte.
7. Empregar a tecnoloxía para comunicar, colaborar e producir contidos.
8. Valorar o traballo doutras persoas, recoñecendo o seu esforzo e achega a un proxecto común.
9. Reflexionar sobre a aprendizaxe e o impacto da actividade na comunidade educativa.