Glosario
Breakout
-
Definición:
-
Xogo educativo no que se resolven retos ou enigmas para abrir unha caixa ou alcanzar un obxectivo.
-
Exemplo:
-
Nesta aventura que comeza aprenderás a facer un breakout.
Comité Olímpico
-
Definición:
-
Organización que coordina os xogos e as competicións deportivas.
-
Exemplo:
-
O alumnado converterase nun Comité Olímpico o cal deberá organizar as probas físicas que se terán que superar.
Enigma
-
Definición:
-
Pregunta ou problema que hai que resolver.
-
Exemplo:
-
Xoana intentaba resolver o enigma do xeroglífico, para abrir o cadeado.
Pista
-
Definición:
-
Información ou sinal que axuda a resolver un enigma.
-
Exemplo:
-
Na espaleira había unha pista escondida que indicaba como abrir o cadeado.
Un breakout é unha dinámica baseada en enigmas e desafíos que deben resolverse para ir abrindo cadeados, caixas ou probas ocultas.
Non se trata só de saber, senón de pensar, cooperar, analizar pistas e tomar decisións baixo presión.
Cada proba superada permite avanzar cara á seguinte, ata acadar o obxectivo final: abrir a derradeira caixa que garda o equipamento oficial do Comité Olímpico Galego.
Este equipamento é a peza que distingue ás persoas elixidas para defender as cores de Galicia no máis alto nivel deportivo.