Glosario
Escena
-
Definición:
-
É a unidade máis pequena do relato audiovisual. Normalmente non hai cambios de localización nin saltos temporais importantes.
-
Exemplo:
-
Imos gravar a primeira escena, na que o presentador conversa coa reporteira.
Secuencia
-
Definición:
-
Conxunto de varias escenas que xiran arredor dunha mesma acción ou idea narrativa.
-
Exemplo:
-
A secuencia que gravamos onte tiña tres escenas que me resultaron moi difíciles de interpretar.
Ambientación
-
Definición:
-
A ambientación consiste en engadir recursos complementarios á narración para crear unha realidade que resulte crible.
-
Exemplo:
-
A ambientación coa música e os decorados quedaron xeniais.