Migramos a Irlanda
Irlanda é unha illa do noroeste de Europa, dividida entre a República de Irlanda, con capital en Dublín, e Irlanda do Norte que pertence ao Reino Unido. É coñecida polas súas paisaxes verdes, a súa herdanza celta, a música e as danzas tradicionais. As linguas principais son o inglés e o gaélico irlandés.
Audio
Coñece máis de Irlanda!
Localización xeográfica e diáspora irlandesa

É unha illa situada no noroeste de Europa, no océano Atlántico. Limita ao leste co Mar da Irlanda que a separa de Gran Bretaña, e ao oeste e sur co océano Atlántico.
Sabías que a diáspora irlandesa é xigantesca? Hai moitos máis descendentes de irlandeses fóra de Irlanda que dentro do país, especialmente nos Estados Unidos, Canadá, Arxentina e Australia.
A illa esmeralda

Sabías que se lle chama a "illa esmeralda"? Grazas ao clima húmido e as choivas frecuentes que fan que a paisaxe estea sempre verde, con prados, vales e montes dunha cor moi viva durante todo o ano. Tamén destaca pola súa costa escarpada e altos cantís.
Lendas, contos e outras historias

Sabes que é un leprechaun?
Irlanda ten unha tradición oral inmensa, con lendas, personaxes e contos que se transmitiron durante séculos de boca en boca antes de ser escritas. Na imaxe podes ver un leprechaun felicitando o día de San Patricio que é a festa nacional.
O leprechaun é un zapateiro das fadas que garda un caldeiro cheo de ouro escondido ao final do arco da vella. É moi astuto e trampulleiro, pero se alguén consegue atrapalo, pode obrigalo a revelar onde está o ouro.
O deporte en Irlanda

Sabías que os deportes tradicionais de Irlanda son deportes de masas? Os deportes máis seguidos en Irlanda son o fútbol gaélico, o hurling e o rugby. Anímate a descubrilos.

Xogo ou danza?