| Título |
Galegas polo mundo! |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o coñecemento das danzas tradicionais, os xogos populares e a expresión corporal como medio de coñecemento e diálogo entre a cultura galega e outras culturas do mundo. No reto proposto, o alumnado creará unha emisión en directo para presentar danzas e xogos tradicionais, galegos e internacionais, asumindo distintos roles, traballando de forma colaborativa e desenvolvendo habilidades motrices, expresivas, comunicativas e sociais. |
| Persoas elaboradoras |
Xiana Guerra Arias Luis Miguel Quinteiro López Iago Saco Estévez |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Galegas polo mundo!"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, con licenza CC BY-NC-SA. No caso de incluír algún recurso externo non elaborado por cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.

