Migramos a Bolivia
Bolivia é un país de América do Sur. A lingua oficial é o español, xunto con varias linguas indíxenas como o quechua, aymara ou guaraní. Destacan paisaxes variadas como a cordilleira andina, a forte presenza indíxena e as súas tradicións ancestrais.
Audio
Coñece máis de Bolivia!
Localización xeográfica

Bolivia está situada en América do Sur, na zona central do continente. É un país sen saída ao mar e destaca a gran variedade de paisaxes como por exemplo, a presenza da cordilleira andina no oeste do país, o lago Titicaca, ou o salar de Uyuni.
Unha capital de altura

Sabías que Bolivia ten 2 capitais? La Paz e Sucre son ambas consideradas as capitais de Bolivia. La Paz é a capital máis alta do mundo, situada nun val andino a 3600 metros sobre o nivel do mar.
O cóndor andino

Sabías que o cóndor andino é unha das aves máis grandes do mundo? Pode chegar a ter 3 metros de envergadura e é a ave nacional de Bolivia formando parte do seu escudo. É considerado polas tribos indíxenas como símbolo de forza, liberdade e protección.
Os pobos orixinarios

Sabías que en Bolivia existen máis de 30 linguas oficiais ademais do español? Existe unha gran variedade de pobos indíxenas e cada unha coa súa lingua. Na imaxe podes ver persoas do pobo quechua.
Xogo ou danza?