Saltar navegación

A ambientación

O que se escoita

A música e os sons serán fundamentais para unha emisión de calidade.

  • Música: deberedes ter descargada a música nun formato adecuado, reproducible polo equipo que teredes na aula, e gardada nun dispositivo de almacenamento portátil (un lapis USB, por exemplo). Non confiedes completamente na conexión a Internet, pois pode fallar e comprobade que o son sexa claro e de boa calidade.
  • Efectos de son: podedes tamén ambientar as intervencións das persoas reporteiras con música de fondo ou con efectos de son.

A audio-teca

Música das danzas estranxeiras

Para descargar os arquivos de son das danzas estranxeiras tedes dúas opcións:

Descargar os arquivos dunha páxina web

Aquí tedes dúas páxinas web:

Extraer os audios dos vídeos da Fase 3

Se preferides empregar os vídeos da Fase 3, podedes illar a música e descargala en formato MP3 empregando un conversor en liña. Na maioría deles cómpre realizar os seguintes pasos:

    1. Copiar a URL do vídeo.
    2. Deixar o formato MP3 e premer no botón de Converter.
    3. Descargar premendo no botón que indica Download.

Xota galega

Preme na seguinte ligazón para descargar o audio illado do vídeo co que aprendiches a bailar a xota galega:

Efectos de son

Se considerades a posibilidade de incluír algún efecto de son, podedes descargalos desta páxina web:

O que se ve

A escenografía é o conxunto de elementos visuais que forman parte dun espectáculo ou emisión. Inclúe: a distribución do espazo, a decoración ou fondo do escenario e o vestiario, entre outros.

A esceno-teca

O espazo

Pictograma onde se amosan varios monumentos: un castelo, unha igrexa e unha estatua.

Como representar o espazo dende o que faredes a vosa conexión? Hai varias opcións:


  • Utilizar unha imaxe de fondo (cun proxector) para simular o lugar ou lugares dende onde se fará a conexión (pode ser algunha cidade, algunha rúa, algún monumento coñecido...)




Imaxe composta de pequenas pezas de decorado sobre Kenya.

  • Elaborar ou pintar un decorado sinxelo que ambiente a conexión do voso país elixido.







A decoración

Cartel informativo sobre Kenya coa bandeira e un letreiroQue elementos decorativos poden facer fincapé na cultura do país ao que migrastes? Algúns exemplos son:

  • Un estandarte coa bandeira do país.
  • Debuxos ou imaxes de comidas típicas, recordos etc.
  • O escudo do Centro cultural galego do país que vos acolle.

A vestimenta

Pictograma dunha camiseta de cor verde.As danzas adoitan a ter unha vestimenta típica que as identifica. Os xogos tamén adoitan levar asociado un equipamento ou roupa característica. Na vosa aula non tedes por que ter estes recursos. 

Porén, para dar uniformidade a voso grupo e distinguilo do resto, podedes empregar unha cor para a vosa roupa (camiseta, pantalón ou panos...). Isto pódese complementar co uso de complementos, maquillaxe...

Imaxinación ao poder!

Ambientamos

Duración: 1/2 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

Xa vistes os recursos que se poden empregar para ambientar a vosa intervención en Galegas polo mundo! Agora tócavos decidir e concretar.

En grupo, repartide o traballo de ambientación.

O que se vai escoitar

  • Seleccionade a música que ides empregar.
  • Descargade os arquivos de son correspondentes e gardádeos nunha memoria portátil (por exemplo, un lapis USB).
  • Anotade no voso guión o nome das cancións que empregaredes: >> Ligazón ao apartado de guión.

O que se vai ver

  • Identificade cal será o espazo no que faredes a representación. Se tedes dúbidas, preguntade ao profesorado.
  • Escollede un tipo de decorado. No caso de que escollades proxectar, buscade fotos e descargádeas. Lembrade gardar os arquivos nunha memoria portátil para o día da emisión.
  • Anotade no voso guión os detalles de ambientación que empregaredes: >> Ligazón ao apartado de guión.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)