Que aprendiches?
Conclusións
- Ao longo desta viaxe convertéstevos en pequenos embaixadores e embaixadoras da cultura galega, explorando danzas e xogos do noso país e doutros lugares do mundo.
- A través dos xogos, das danzas e do movemento, explorastes diferentes países e aprendestes novas formas de expresarvos co corpo, organizar o material e o espazo.
- Durante o proxecto descubristes a importancia de coñecer e respectar outras culturas, de valorar a diversidade e de traballar xuntas para acadar un obxectivo común.
- Practicastes danzas galegas e doutros lugares do mundo, recuperastes xogos tradicionais e entendestes o seu significado cultural.
- Tamén creastes unha emisión en directo ao estilo Galegas polo mundo!, na que puxestes en práctica a organización, a comunicación e o traballo en equipo, asumindo distintos roles e responsabilidades.
- Seguramente comprendestes mellor a importancia de coñecer outras culturas, respectar a diversidade e poñer en práctica habilidades motrices, de expresión e traballo en equipo.
Esta infografía recolle todo o aprendido ao longo do proceso e axúdavos a lembrar como o movemento, o xogo e a cooperación poden unir culturas e persoas.
Lectura facilitada
Neste proxecto:
- Coñecestes danzas e xogos galegos e doutros países.
- Aprendestes a respectar e valorar outras culturas.
- Organizastes actividades.
- Crestes unha emisión en directo.
- Asumistes distintos roles e responsabilidades.
- Mellorastes a expresión corporal, a cooperación e o respecto pola diversidade cultural.
Lembraches como o movemento, o xogo e a cooperación poden unir culturas e persoas.

