Saltar navegación

4.3. Dentro directo

Galegas polo mundo!

Imaxe do logotipo da emisión de Galegas polo mundo

Chegou o gran día! Comeza a emisión de Galegas polo mundo!

Serán entre unha e dúas xornadas intensas de programa, nas que cómpre lembrar:

  • Cada día de programa terá as tres secuencias do guión e tantas conexións como dea tempo a facer (como mínimo tres).
  • En cada momento da emisión, cada grupo de galegos e galegas polo mundo terá un dos seguintes papeis:
    • Persoa emigrante: é o grupo que fai a conexión segundo o guión establecido. Lembra que cada persoa integrante ten un rol (definido na Fase 2). Non esquezas de colocar a ambientación antes do directo.
    • Público: é o resto de alumnado da aula, que terá que prestar atención, gardar silencio e agardar a súa quenda. Para animar aos equipos emigrantes, cubriredes unha ficha de valoración da actuación e entregarédeslla ao final da sesión. 

Lectura facilitada

Comeza a emisión de Galegas polo mundo!

Serán entre unha e dúas xornadas.

Debes lembrar:

  1. Cada día de programa terá as tres secuencias do guión.
  2. No momento da emisión, cada grupo, terá un dos seguintes papeis:
  • Persoas emigrantes: é o grupo que fai a conexión. Lembra que cada persoa integrante ten un rol.
  • Público: é o resto de alumnado da aula, que terá que prestar atención, gardar silencio e cubrir unha ficha de valoración da actuación.

Valoración do público asistente

Cada equipo cubrirá unha ficha de cada actuación (agás a súa propia) e entregaralla aos protagonistas da mesma ao remate da sesión.

 A continuación tedes a Ficha de valoración do directo para descargar:

Ficha de valoración do directo (descarga o documento

Ficha de rexistro avaliación da conexión

E ata aquí o programa de hoxe!

Diario de aprendizaxe

Agora que se apagaron as cámaras e se pecharon os micrófonos, chegou o momento de pararse e reflexionar sobre todo o acontecido. Responde ás seguintes cuestións na Fase 4 do teu diario de aprendizaxe:

  • Que dificultades atopaches na resolución do reto? Como as resolviches?
  • Foi positivo traballar en equipo? Como vos apoiastes?
  • Se tiveses que volver a facer a emisión, cambiarías algo da túa contribución? O que? 
  • Fuches quen de soltarte, actuar con naturalidade e confianza? Consideras que o traballo en equipo che puido axudar con isto?
  • Que é o que máis che gustou do reto? E o que menos che gustou do reto?

A continuación, analiza xunto co teu equipo as intervencións que fixestes e facede propostas de mellora.

Lectura facilitada

Apagáronse as cámaras.

Pecháronse os micrófonos.

É o momento de reflexionar e anotar. 

  • Que dificultades atopaches na resolución do reto? Como as resolviches?
  • Fuches quen de soltarte, actuar con naturalidade e confianza?
  • Que é o que máis me gustou do reto? E o que menos me gustou do reto?

Responde ás cuestións na Fase 4 no teu diario de aprendizaxe.  

Comparte as túas achegas e reflexións.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)