Saltar navegación

3. Preprodución

Pictograma dunha persoa que fai de guía e proporciona información sobre diferentes países, representados na parte inferior da imaxe por bandeiras.A conexión con Galegas polo mundo! está cada vez máis cerca.  Pero antes de coller o micrófono, cómpre que vos mergulledes ben nos contidos da futura emisión. Ao longo desta fase:

  • Empaparédesvos da cultura galega, afondando nos seus principais elementos transmisores: a danza e o xogo. 
  • Emigraredes a un país estranxeiro e coñeceredes a súa cultura, o que vos servirá para respectar o modo de vida doutros pobos e poñer en valor o voso propio.
  • Escolleredes a danza e o xogo que representaredes na conexión con Galegas polo mundo!

Tedes listas as maletas e o pasaporte? Pois entón, podemos comezar!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)