Dispersión dun pobo ou comunidade fóra da súa terra, normalmente por motivos de emigración.
Exemplo:
A diáspora galega mantén as tradicións culturais lonxe da súa terra.
Transmisor
Definición:
Aquilo que serve para comunicar, expresar ou enviar algo importante a outras persoas.
Exemplo:
O xogo tradicional galego é un transmisor da cultura galega porque conta quen somos.
Diáspora galega!
Duración: 5 minutos Agrupamento: Pequeno grupo
Chegou o momento dunha das eleccións máis importantes do reto. Agora é o momento de decidir que levará o voso equipo á emisión de Galegas polo mundo! Reunídevos, falade, comparade e pensade colectivamente porque como equipo, deberedes decidir:
Elemento transmisor de Galicia: a xota creada por vós ou un xogo popular galego.
Elemento do país do mundo: a súa danza tradicional ou o seu xogo típico (o que non escollésedes como elemento galego).
Valorade que opción representa mellor a vosa conexión, cal resulta máis divertida, auténtica ou emocionante para o público. É unha decisión de grupo: escoitade, argumentade e escollede con sentido. Unha vez decidido… xa estaredes preparados/as para darlle forma á vosa emisión e materializala dende o voso novo fogar!
Lectura facilitada
Duración: 5 minutos Agrupamento: Pequeno grupo
Decidiredes a danza e o xogo a representar en Galegas polo mundo!
Reúnete co teu grupo.
Entre todos e todas, decidiredes:
Elemento transmisor de Galicia: a xota creada por vós ou un xogo popular galego.
Elemento do país do mundo: a súa danza tradicional ou o seu xogo típico (o que non escollésedes como elemento galego).
Valorade en grupo:
que opción vos representa mellor,
cal resulta máis divertida, auténtica ou emocionante para o público.
Cando remates estarás preparado/ para a emisión.
Audio
Despois de experimentar, toca repasar!
Logo de coñecer e practicar novos contidos, como a xota e os xogos tradicionais galegos; e de explorar danzas e xogos doutros países como Irlanda, Escocia, Bretaña, Xapón, Portugal ou Rusia... chega o momento de parar e botar a vista atrás. Nestas actividades revisarás o aprendido, lembrarás as experiencias vividas e reflexionarás sobre o que máis che axudou a aprender durante esta viaxe polo mundo a través do xogo e da danza.
Audio
Opción A: Clic e pausa
A continuación tes un dos vídeos cos que aprendiches a bailar a xota galega. Dálle ao "play", presta atención e responde ás preguntas que vaian aparecendo.
Le o parágrafo que aparece debaixo e completa as palabras que faltan.
Nova vida, novo lar
Logo de facer un percorrido polo mundo da danza e do xogo, agora, coa calma do teu "novo fogar", chega o momento de reflexionar.
Serías quen de identificar elementos comúns entre as danzas que experimentaches (a xota galega e a danza estranxeira)? Pensa en aspectos como a súa música ou ritmo, os tipos de instrumentos empregados, a disposición espacial das persoas (roda, filas, círculo), os movementos máis frecuentes (xiros, saltos, desprazamentos), as emocións e valores que transmiten (alegría, respecto, identidade cultural).
E no caso dos xogos? Atopaches xogos semellantes ou iguais aos galegos na cultura na que te mergullaches? Empregan materiais comúns?
Responde a estas cuestións no teu diario de aprendizaxe. Poderás atopalas no apartado da Fase 3. A continuación, compara as túas respostas coas dos teus compañeiros/as de grupo e elaborade unha listaxe de elementos comúns das danzas e outra con aspectos similares dos xogos.
Lectura facilitada
Fixeches un percorrido polo mundo da danza e do xogo.
Chega o momento de reflexionar.
Que elementos comúns hai entre a xota e a danza estranxeira que experimentaches?
Pensa en aspectos como:
a súa música ou ritmo,
os tipos de instrumentos empregados,
a disposición espacial das persoas (roda, filas, círculo),
os movementos máis frecuentes (xiros, saltos, desprazamentos),
as emocións e valores que transmiten (alegría, respecto, identidade cultural).
Atopaches xogos semellantes ou iguais aos galegos na cultura na que te mergullaches?