Saltar navegación

3.1. A equipaxe

A nosa cultura

Todos temos unha maleta coa que camiñamos pola vida. Esta maleta está cargada de soños, hábitos, valores, costumes… que moldean o noso xeito de ser e de ver o mundo.

Sabías que os vosos devanceiros emigrantes levaron as súas maletas cargadas de cultura galega? Pois si, tal era a súa morriña pola terra que crearon centros galegos no estranxeiro a través dos que reunirse, apoiarse e seguir gozando das tradicións galegas. A día de hoxe, aínda se pode sentir o son da gaita galega en Suíza ou bailar ao son da muiñeira en Edimburgo (Escocia). Fíxate no seguinte vídeo.

Pronto te converterás en emigrante de Galicia e espallarás o teu xeito de danzar e xogar polo mundo. Serás tan bo/a embaixador/a? Seguro que si!

Centros galegos no estranxeiro

A nosa maleta

Chegou o momento de facer a maleta! Vas enchela cos recursos necesarios para encarnar a túa cultura no estranxeiro.

Para axudarte, dedicarás 2 sesións a practicar unha danza galega e, a continuación, 1 sesión a poñer en práctica un xogo tradicional.

Tomarás rexistros de cada un deles, o que che servirá para facer unha mellor representación en Galegas polo mundo! Podes descargar as fichas máis abaixo.

Preme nas seguintes iconas para mergullarte nos principais elementos transmisores da cultura galega:

Persoas bailando xota vestidas con traxes rexionais
Danza
Na imaxe se amosan dúas persoas agarrando unha corda polos seus extremos opostos.
Xogo

Feito con eXeLearning (Nova xanela)