Saltar navegación

1.2. Obxectivos

Obxectivos

  • Empregar o corpo como ferramenta de expresión e comunicación.
  • Coñecer, practicar e valorar xogos e danzas populares galegas e doutras culturas.
  • Mellorar a expresión corporal, a coordinación, o ritmo e o control do movemento.
  • Traballar en equipo de xeito colaborativo e respectuoso, empregando as habilidades sociais e o diálogo para resolver conflitos.
  • Levar a cabo unha práctica motriz saudable e responsable cos demais e co medio.
  • Empregar aplicacións dixitais como apoio na práctica de actividades físicas.

Que vou aprender?

Pictograma de varias persoas movéndose en corro.

1. Empregar correctamente a expresión corporal, a coordinación e o ritmo na práctica de danzas e xogos.

Pictograma dun equipo de persoas reunidas.

2. Traballar en equipo para planificar, ensaiar e crear representacións colectivas.

Pictograma dunha persoa lanzando un obxecto que simula unha petanca.

3. Desenvolver xogos motores e manifestacións artísticas da propia cultura e doutras.

Pictograma dunha persoa liderando un grupo.

4. Comunicar e guiar xogos e danzas de forma participativa evitando estereotipos e comportamentos sexistas.

Pictograma de cultura con imaxes dun pentagrama e máscaras.

5. Valorar e conservar as tradicións culturais propias e doutros lugares.

Pictograma con catro imaxes: un paxaro, unha flor, unha montaña e un lago. 
6. Promover actividades en distintas contornas de xeito respectuoso co medio ambiente.

Pictograma con diferentes dispositivos electrónicos: un ordenador, un teléfono móbil, un reloxo e un robot. 
7. Empregar a tecnoloxía para comunicar, colaborar e producir contidos.

Pictograma de avaliar. 
8. Valorar o traballo doutras persoas, recoñecendo o seu esforzo e achega a un proxecto común.

Pictograma de pensar 
9. Reflexionar sobre a aprendizaxe e o impacto da actividade na comunidade educativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)