[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]

Axente, como vai?
Agora que rematou a batalla é tempo de valorar, reflexionar e mirar ao futuro. Nesta fase:
- Valorarás o éxito do combate contra Sedentor e a túa contribución a el.
- Farás un repaso visual de todo o que aprendiches ao longo da túa estancia na Axencia S.A.U.D.E.
- Reflexionarás sobre a utilidade do aprendido e a posible transferencia a outras situacións da vida cotiá.
Toda esta información axudará aos nosos preparadores de axentes, que queren saber como viviches o proceso. Tamén che axudará a ti, para sacar as túas propias conclusións sobre que tan bo axente fuches.
Foi un pracer contar contigo! Despídome ata a próxima emerxencia mundial!
Un saúdo,
Vittalo Motore.
[FIN DA TRANSMISIÓN]
Lectura facilitada
REMATOU A BATALLA
Ola, Axente!
Rematou a batalla e agora é tempo de valorar. Valorarás o éxito do combate contra Sedentor e a túa contribución a el:
- Farás un repaso de todo o aprendido estes días.
- Reflexionarás sobre a importancia do aprendido.
- Pensarás en como usar o aprendido na vida real.
Toda esta información axudará a saber viviches o proceso. Tamén che axudará a ti, para saber se fuches un bo axente.
Foi un pracer contar contigo! Despídome ata a próxima emerxencia mundial!
Un saludo,
Vittalo Motore.