| Portada | Visualmente atractiva. Inclúe nome, apelidos, curso e materia. (4) | Inclúe todos os datos, pero o deseño é simple ou pouco atractivo. (3) | Faltan algúns datos identificativos ou o deseño é moi pobre. (4) | Non presenta portada ou faltan a maioría dos datos. (1) |
|---|
| Índice | Aparecen todos os apartados da checklist con paxinación correcta. (4) | Aparecen todos os apartados, pero hai erros na paxinación. (3) | Faltan algúns apartados ou non inclúe números de páxina. (4) | O índice é inexistente ou está desorganizado. (1) |
|---|
| Introdución | Reflexión crítica profunda con datos e importancia do estilo de vida activo. (4) | Reflexión correcta sobre o sedentarismo, pero con poucos datos ou análise. (3) | Breve comentario sobre o tema sen basearse en datos reais. (4) | Non inclúe reflexión nin explica a importancia da actividade física. (1) |
|---|
| GUÍA 1: Quecemento | Redacta 5 pautas clave, explica 1 exercicio xeral e 1 específico (indicando o seu uso) con total claridade. (10) | Redacta 5 pautas, pero un dos exercicios (xeral ou específico) non está ben explicado ou falta a súa utilidade. (7) | Redacta menos de 5 pautas e os exercicios son incompletos ou non diferencia entre xeral e específico. (4) | Non define pautas nin explica exercicios de quecemento de forma coherente. (1) |
|---|
| GUÍA 2: Forza | Define forza, explica 5 exercicios variados e 2 tests de medición. (10) | Define forza, pero explica 3-4 exercicios, ou só 1 test de medición. (7) | Explicación pobre, e menos de 3 exercicios ou non define tests de medición. (4) | Só menciona a forza sen explicar exercicios nin tests. (1) |
|---|
| GUÍA 3: Resistencia | Define resistencia, explica 5 exercicios variados e 2 tests de medición. (10) | Define resistencia, pero explica 3-4 exercicios, ou só 1 test de medición. (7) | Explicación pobre, e menos de 3 exercicios ou non define tests de medición. (4) | Só menciona a resistencia sen explicar exercicios nin tests. (1) |
|---|
| GUÍA 4: Velocidade | Define velocidade, explica 5 exercicios variados e 2 tests de medición. (10) | Define velocidade, pero explica 3-4 exercicios, ou só 1 test de medición. (7) | Explicación pobre, e menos de 3 exercicios ou non define tests de medición. (4) | Só menciona a velocidade sen explicar exercicios nin tests. (1) |
|---|
| GUÍA 5: Flexibilidade | Define flexibilidade, explica 5 exercicios variados e 2 tests de medición. (10) | Define flexibilidade, pero explica 3-4 exercicios, ou só 1 test de medición. (7) | Explicación pobre, e menos de 3 exercicios ou non define tests de medición. (4) | Só menciona a flexibilidade sen explicar exercicios nin tests. (1) |
|---|
| GUÍA 6: Control postural | Ofrece polo menos 5 consellos prácticos para a vida diaria e 1 método de relaxación detallados. (10) | Ofrece menos de 5 consellos de postura, ou non hai método de relaxación explicado (7) | Explicación pobre na postura ou na relaxación, e falta o outro apartado (4) | Non inclúe pautas posturais nin de relaxación. (1) |
|---|
| GUIA 7: Alimentación | Explica pautas saudables detalladas e inclúe unha receita nutritiva completa. (10) | Explica pautas de alimentación, pero a receita está incompleta ou é pouco saudable. (7) | Menciona pautas básicas sen incluír unha receita clara. (4) | Non explica pautas nin inclúe ningunha receita. (1) |
|---|
| GUÍA 8: Primeiros auxilios | Explica o protocolo PAS detalladamente e con exemplos en cada paso. (10) | Explica o protocolo PAS, pero con pouco detalle ou sen exemplos nalgún paso. (7) | Explica o protocolo PAS sen detalle e sen exemplos en ningún paso. (4) | Só menciona as siglas PAS sen explicar o seu significado ou protocolo. (1) |
|---|
| Conclusións | Conclusión persoal elaborada e crítica sobre a propia saúde. (4) | Conclusión correcta, pero pouco reflexiva ou algo xenérica. (3) | Conclusión moi breve que non amosa unha visión crítica. (2) | Non presenta conclusións ou son irrelevantes. (1) |
|---|
| Redacción | Sen faltas de ortografía ou moi poucas. Redacción fluída, ideas perfectamente ordenadas e lectura moi áxil. (4) | Poucas faltas de ortografía. Redacción correcta e ideas claras, aínda que algún parágrafo podería mellorarse. Lectura doada. (3) | Varias faltas de ortografía. A redacción é algo confusa ou as ideas non están ben conectadas. Lectura difícil. (4) | Numerosas faltas de ortografía que dificultan a comprensión. Ideas desordenadas. (1) |
|---|