Saltar navegación

3.7. Reconto de insignias (EXTRA)

 

Glosario

Rúbrica

Pictograma de instruccións para representar a imaxe dunha rúbrica

Definición:

É un instrumento de avaliación que se utiliza para medir o desempeño dos estudantes en tarefas específicas. Anótase, para diferentes aspectos, o nivel adquirido desde pouco/baixo ata moito/alto.

Exemplo:

Podo marcar que o atractivo do reto foi "alto", que a dificultade das tarefas foron "intermedia" ou que o nivel de implicación e participación foi "baixo".

EXTRA: Insignia "Faino ti!"

[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]

Insignia Faino ti

Sorpresa, Axente! Había unha insignia oculta! 

Si, como o oes. Pero coidado, non é unha insignia normal como as outras. Estamos a falar da famosa INSIGNIA "Faino ti", a xoia da coroa da nosa organización. Esta distinción só pode ser acadada por axentes excelentes que xa teñan as outras seis insignias no seu poder; no caso contrario, non poderás nin cheirala!

Tes xa todo o equipo? Perfecto! Esta condecoración premia a capacidade de poñer en práctica os teus coñecementos fóra da Axencia e, o que é máis importante, de contaxiar o adestramento ás persoas do teu arredor. Para conseguila, deberás cumprir as misións fóra do centro escolar e facer que outros cumpran as misións contigo.

EFECTO: Outorga a "Aura do Líder". Se queres a excelencia, tes que ser excelente dentro e fóra da Axencia. Esta insignia demostra que dominas todos os piares da preparación indepentemente do lugar, que estás listo para liderar a ofensiva final contra Sedentor e que tes a capacidade de inspirar a outros axentes.

A dalo todo, Axente! O mundo precisa do teu exemplo!

V. Motore

[FIN DA TRANSMISIÓN]

Lectura facilitada

TELEGRAMA ENTRANTE

Hai unha insignia sorpresa.

Chámase insignia "Faino ti" e é a máis dificil de conseguir.

So se pode conseguir se tes todas as outras insignias.

Para conseguir esta insignia debes facer algunhas misións fóra do centro educativo.

Se convences a outras persoas para facer as misións contigo terás máis puntos.

Con esta insignia es un líder e podes dirixir a un grupo de axentes para que che axuden na batalla.

Ánimo!

Reconto de insignias

Un interrogante con insignias ao seu arredorComo saberás, as insignias son un espello do teu desenvolvemento na Axencia S.A.U.D.E. É dicir:

  •  Aquelas persoas que conseguiron coleccionar todas as insignias demostraron que poden dominar todos os aspectos para ser grandes axentes: saben primeiros auxilios para axudar aos demais, poden desenvolver a súa condición física e ser saudables de forma autónoma en calquera lugar...
  • Aquelas persoas que deixaron algunhas insignias polo camiño, non so non teñen todos os coñecementos teórico-prácticos para ser bos axentes, senón que tamén dan a entender que poderían esforzarse máis. Se pertences a este grupo, animámosche a volver atrás e facer todo o necesario para facerte con todas as medallas.

Recorda que todo o aprendido será útil para pertencer ao grupo de mellores axentes, pero tamén para o teu día a día, para ser unha persoa sa e con enerxía.

Lectura facilitada

CANTAS INSIGNIAS CONSEGUÍCHES?

As insignias son un espello do ben que o fixeches na Axencia S.A.U.D.E.

  • ✅ Se conseguiches todas as insignias demostraches que dominas todos os aspectos para ser un gran axente.
  • ❌ Se non conseguiches todas as insignias non tes todos os coñecementos. Animámosche a volver atrás e facer todo o necesario para conseguir todas as insignias.

Todo o aprendido será útil para o teu día a día, para ser unha persoa sa e con enerxía.

Muro de Insignias

A Batalla Final aproxímase... Estades preparados?

Para responder a esta pregunta, debedes consultar o muro de insignias que #017 colocou ao principio desta andadura. Alí veredes reflectido o voso esforzo. 

Recordade: para derrotar a unha ameaza tan grande como o Sedentor, non abonda con ter un bo axente, necesitamos un grupo forte. O combate contra o sedentarismo é, ante todo, un traballo de equipo.

A continuación amósoche unha imaxe de como se debería estar a ver o muro de insignias, pero isto é so un exemplo. Corre ao muro oficial, revisa o desempeño real dos teus compañeiros e compañeiros e reflexiona se somos ou non o escuadrón que o mundo necesita para vencer ao Sedentor!

Muro de insignias - taboleiro onde recoller as insignias

Lectura facilitada

Muro de insignias

Consulta o muro de insignias que tes na clase. As túas e as do resto da clase.

Cantas máis insignias, mellores axentes sodes.

Para vencer ao Sedentor é importante que toda a clase estea ben preparada.

A imaxe que tes debaixo é un exemplo dun muro de insignias. Vai ver o muro de insignias oficial da túa clase.

Muro de insignias - taboleiro onde recoller as insignias

Misións para acadar a insignia "Faino ti!"

 Agrupamento: Parellas ou pequenos grupos

Xa tes moitas das insignias e sempre podes volver atrás se che quedou algunha sen conseguir. Pero, se te ves con forzas e queres que a túa loita non quede so no que puideches facer na clase ou nos desafíos na casa, tenta conseguir a insignia "Faino ti".

Como liches no telegrama, lograr esta insignia significa que implicaches a alguén na batalla contra o sedentarismo, algún amigo ou amiga, algún familiar, compañeiros de clase ou de equipo, etc. Como bo axente terás a misión de axudar a quen o precise. Non deixes de tentalo, cantos máis sexamos mellor.

#017 pode axudarte coas novas misións, pero aquí podes ver algunhas que poden asegurarte esta insignia. 

Cociñado saudable en familia

Cociñeira e cociñeiroEscolle unha receita saudable, usa ingredientes naturais ou bos procesados, coopera con alguén da túa familia e grávate para demostrar que e como o fixeches. O tema do sabor...pena que non se poida probar no vídeo. Pero se estás orgulloso, anímaste a traer a proba?

Roteiro

Camiñando polo campoXa sabes que unha visita ao medio natural sempre será unha boa idea para a nosa saúde. Anima a alguén a que vaia contigo a un roteiro camiñando ou en bici polo monte, pola rúa ou polo paseo do teu pobo e garda o teu recorrido no móbil. Demostra que fixeches máis dunha hora para que o axente #017 llo pase ao doutor V. Mottore.

Relaxación

Persoa relaxándosePorque non adicar 25 minutos do día á relaxación? Podes explicarlle aos teus familiares como se fai e compartir unha actividade de contracción-relaxación dos teus músculos antes de ir durmir. Seguro que cho agradecen. Gravao para que cho valoren na clase.

Adestra a forza

Tres persoas adestrandoXa viches os desafíos da clase. Anima a alguén do teu entorno a facelos contigo. Ti xa sabes facelos, pero conseguirás que o fagan ben contigo? Grávate facendo o reto e móstrallo ao axente #017 para que llo conte ao doutor V. Mottore.

Lectura facilitada

Como conseguir a insignia Faino ti?

Para conseguir esta insignia, cumple misións fóra do centro escolar.

Escolle:

- Cociña saudable.

- Adestramento.

- Roteiros.

- Relaxación.

Apoio visual

Esquema visual que explica como conseguir a insignia

Como consigo a insignia?

Para conseguir esta insignia debes facer polo menos 3 desafíos fóra do centro escolar con persoas da túa contorna!

Apoio visual

Esquema visual que explica como conseguir a insignia

Diario de aprendizaxe

Libreta co logo de cREAgalBuff! Esta fase si que foi dura... pero mírao así: todo foi un adestramento para facerte máis forte! Toca o “momento” diario de aprendizaxe. Xa sabes, escribe opinións e sentimentos sobre o vivido nesta última fase. Déixoche un par de propostas que che poden inspirar para escribir:

  • Do 1 ao 10, canto cres que dominas cada insignia. Por que?
  • Cal foi a insignia que máis che gustou? E a que menos? Isto pode deberse a que che interese máis o contido, as actividades, os retos...

Agora si! Todo listo! Hora da batalla final!

Lectura facilitada

DIARIO DE APRENDIZAXE

Cubre o diario respondendo estas preguntas sobre a FASE 3:

Do 1 ao 10, canto dominas cada insignia.?

Cal foi a insignia que máis che gustou? E a que menos? 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)