Chegamos ao sexto piar. Para evitar os ataques dirixidos de Sedentor necesitas flexibilidade. Debes comprender como mellorar a amplitude de movemento e a elasticidade do teu corpo. Ao igual que no resto de ocasións, a clave será saber desenvolver e avaliar. O dominio deste contido darache unha vantaxe crucial contra os seus ataques. Como recompensa de éxito, ao completar a misión, a Axencia enviarache o MAILLOT RESORTE.
EFECTO: O material deste traxe permite ao portador dobrarse e estirarse de forma extrema. Poderás dobrarte e esquivar con efectividade os ataques críticos de Sedentor, evitando dano.
Non é o momento de quebrarse. Sigue así!
V. Motore
[FIN DA TRANSMISIÓN]
Lectura facilitada
TELEGRAMA ENTRANTE
Debes aprender sobre a flexibilidade.
Como recompensa recibirás un maillot de resorte.
O maillot é o traxe elástico que usan os e as ximnastas.
Coa recompensa poderás dobrarte para esquivar ataques do Sedentor.
Ánimo!
Audio
A flexibilidade. Dóbrate para encaixar
A flexibilidade é a capacidade física que che permite coller algo do chan, atarte os cordóns, peitearte sen esforzo. É, basicamente, a capacidade que teñen os teus músculos para moverse en toda a súa lonxitude sen romperse e das túas articulacións de permitilo.
Ser flexibles é importante para esquivar os golpes do Sedentor, non deixarse atrapar por el e poder atacalo por calquera ángulo. Canto mellor nos movamos, máis impredicibles seremos para o noso inimigo común.
En resumo, a flexibilidade é un sinónimo de saúde articular. Non a descoides.
Existen distintos tipos de flexibilidade:
Flexibilidade estática
É cando podes manter unha posición estirada sen moverte.
Por exemplo tocar os pés sen dobrar as pernas e quedar uns segundos así.
Flexibilidade dinámica
É cando podes mover os músculos e articulacións con amplitude sen dor.
Por exemplo: levantar as pernas cara adiante varias veces sen problema.
Flexibilidade activa
É cando ti mesmo estiras un músculo sen axuda.
Por exemplo levantar o brazo recto cara arriba só co teu movemento.
Flexibilidade pasiva
É cando o estiramento se fai con axuda dun obxecto ou outra persoa.
Por exemplo: alguén axudándoche a dobrar a perna cara atrás nun estiramento.
Lectura facilitada
A flexibilidade é a capacidade dos músculos de moverse sen romperse.
Diferenciamos entre:
Flexibilidade estática.
Flexibilidade dinámica.
Flexibilidade activa.
Flexibilidade pasiva.
Audio
Apoio visual
Cales son as vantaxes de traballar a flexibilidade?
Un bo desenvolvemento desta capacidade vai ter efectos na saúde:
Permite dobrarse e estirarse sen dor: Un corpo flexible pode realizar movementos de estarricamento sen que os músculos ou articulacións se esixan demasiado, evitando molestias.
Axuda a facer deportes mellor: A flexibilidade permite que os músculos e articulacións se movan con máis liberdade, mellorando a coordinación e a eficacia nos deportes ou actividades físicas.
Reduce o risco de lesións: Cando os músculos e articulacións están máis flexibles, resisten mellor os tiróns ou golpes, diminuíndo a probabilidade de escordaduras ou outras lesións.
Mellora a postura do corpo: Unha boa flexibilidade nos músculos do tronco, costas e pernas axuda a manter a columna e o corpo ben aliñados, evitando dores e malas posturas.
Facilita os movementos do día a día: Dobrarse, coller obxectos do chan, subir escaleiras ou estirarse para alcanzar algo resulta moito máis cómodo cun corpo flexible.
Fai que te sintas máis áxil e cómodo: A flexibilidade dá sensación de liberdade de movemento, facendo que actividades como xogar, correr ou bailar sexan máis sinxelas e agradables.
Lectura facilitada
Beneficios de ser flexibles:
Permite dobrarse e estirarse sen dor.
Axuda a facer deportes mellor.
Reduce riscos de lesións.
Mellora a postura.
Facilita movementos diarios.
Mellora a axilidade.
Audio
Métodos de traballo
Existen moitas maneiras de traballar esta capacidade:
Estiramentos de brazos e pernas: alcanzar os pés ou levantar os brazos cara arriba para alongar os músculos.
Xiros e balanceos de tronco, de brazos ou de pernas para soltar os músculos.
Inclinacións para tocar os dedos dos pés sen dobrar as pernas.
Estiramento do gato e da vaca: na posición de catro patas, arquear e baixar as costas para mover a columna e os músculos.
Sentarse e estirar as pernas (Seat and Reach): Sentarse no chan e estirar as pernas cara adiante intentando chegar ao máximo sen dobrar as pernas.
Neste desafío empeza sentada no chan e segue a seguinte secuencia:
Tes que colocar a planta dun zapato en contacto co zapato que levas sen que caia.
Unha vez colocado tes que xirar para acabar tumbado cara abaixo sen que caia o zapato.
Recolles o zapato coa man e o desafío estará conseguido.
Se consigues rematar pasaremos ao desafío completo:
Colocas o zapato en equilibro coa túa planta sentado no chan.
Xiras ata quedar boca abaixo co zapato en equilibrio.
Volves xirar cara o mesmo lado para volver quedar sentado.
Se o zapato non cae, o desafío estará completo.
Grávate e móstrallo a #017 na clase para que cho valore.
Instrucións do desafío
Ata onde chegas? Cos pes paralelos e non máis separados que a anchura dos ombros, tenta levar un obxecto lixeiro o máis atrás posible. Tes que ter en conta:
O obxecto ten que ser empurrado, non lanzado, coas dúas mans á vez.
Cando cheguemos ao noso límite temos que manter o contacto dous segundos cos nosos dedos no obxecto.
Anotamos a distancia entre o noso talón e o obxecto. Máis adiante volverás probar a ver se melloraches.
Instrucións do desafío
Neste desafío empeza sentada no chan e tes que tentar levantarte sen usar as mans:
Os dous niveis que che propoñemos son:
Levantarte sen cruzar as pernas.
Cruzando as pernas.
Grávate e móstrallo a #017 na clase para que cho valore.
A practicar!
Agrupamento: Parellas
Instrucións do desafío
Busca un compañeiro ou unha compañeira e tentade levantarvos á vez. Empezaredes sentadas no chan e cos vosos pés en contacto.
Os tres niveis que vos propoñemos son:
Levantarse á vez e quedar en equilibrio sen chocar coas mans agarradas.
Levantarse á vez e quedar en equilibrio sen chocar só utilizando a man dereita.
Levantarse á vez e quedar en equilibrio sen chocar só utilizando a man dereita de unha e a esquerda da outra.
Gravádeos facendo o reto e ensinádello a #017. Seguro que llo conta a V. Motore.