Saltar navegación

1.4. O Plan

Misión a misión...

Axente, para cumprir coa misión deberás executar o noso Plan de Actuación ao pé da letra. Está dividido en cinco grandes fases, non saltes ningunha!

Selo da Axencia S.A.U.D.E que di

O PLAN [CONFIDENCIAL]

Fase 1: Coñecemento da ameaza

Nesta fase estamos agora mesmo. Aquí o obxectivo é claro: tes que informarte ben sobre a situación que estamos a vivir e coñecer ao inimigo ao detalle. So así poderás ser eficaz.

Fase 2: Revisión inicial

O Dr. Vittalo Motore necesita saber o teu punto de partida (fortalezas e debilidades). Porá a proba os teus coñecementos e habilidades iniciais.

Fase 3: Colección de insignias

A acción comeza no terreo! Nesta fase traballarás habilidades necesarias para combater os efectos do Sedentor. Con cada habilidade que mellores, obterás unha ferramenta que che axudará na batalla final (seguinte fase).

Fase 4: Batalla final

Traballarás individualmente e en equipo para finalizar o deseño da Guía de Supervivencia, escollendo o formato que queiras. Cando a teñas, estarás coa preparación necesaria para enfrontar ao mismísimo Sedentor na batalla final!

Fase 5: Análise de resultados

Toda misión remata cunha análise profunda do acontecido. Cumprimos os obxectivos? A poboación está a salvo? Melloramos como axentes? ... Estamos preparados para outra???

Lectura facilitada

Fases do proceso:

  1. Coñecer a ameaza.
  2. Repasar contidos.
  3. Facerse coas insignias de contidos.
  4. Batalla final contra o Sedentor.
  5. Analizar se se cumpriron os resultados.

Diario de aprendizaxe

Libreta co logo de cREAgal

Axente, en cada fase desta misión terás que cubrir o teu diario de aprendizaxe. Este documento é a túa ferramenta persoal de reflexión e vaiche axudar a aprender mellor e a detectar os puntos nos que tes que mellorar. O Doutor dálle moita importancia a esta ferramenta, pois axudarache a resolver as dificultades que poidas atopar durante o reto. Polo momento, responde:

  • Para ti, o sedentarismo é un problema de gravidade mundial, é algo grave ou é algo sen importancia? Explica o teu punto de vista.
  • E ti, a nivel persoal, considéreste unha persoa sedentaria ou activa? Reflexiona sobre a túa resposta.

Lembra! Responder con honestidade no diario é o primeiro paso para ser grandes axentes da Axencia S.A.U.D.E.!

Lectura facilitada

DIARIO DE APRENDIZAXE

En cada FASE terás que cubrir o teu diario de aprendizaxe.

O diario de aprendizaxe é a túa ferramenta persoal de reflexión para aprender mellor.

Cúbreo respondendo a estas preguntas:

  • Para ti, o sedentarismo é un problema moi grave, algo grave ou pouco grave?
  • Ti considéraste unha persoa sedentaria ou activa

Lembra responder con honestidade!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)