O gran reto: a guía de supervivencia
Como ves, o problema é grave... pero cremos ter a solución!
Para derrotar a Sedentor e devolver a saúde á poboación, precisarás dunha ferramenta potente: tes que crear a GUÍA DE SUPERVIVENCIA definitiva!
Imaxínao! Unha guía que porás á disposición de toda a poboación e que lles axudará a combater paso a paso cada problema que causou este malvado bicho.
Pero coidado! Ao longo desta misión, Sedentor non parará de lanzarche desafíos para poñerte a proba:
- Terás que entender que é o sedentarismo e como combatelo.
- Será crucial saber como auxiliar aos teus compañeiros caídos na batalla (Primeiros Auxilios).
- Debes mellorar a túa Condición Física (forza, resistencia, velocidade, flexibilidade) para ter máis enerxía.
Cada vez que resolvas unha misión, deberás anotar certas instrucións (pautas, estratexias, protocolos) na túa Guía de Supervivencia. Cando a guía estea completa, terás no teu poder o manual de instrucións para unha vida activa e saudable!
Ben, agora si, non hai volta atrás. Aceptas a misión de converterte en Axente do cambio e derrotar a Sedentor?
Lectura facilitada
A GUÍA DE SUPERVIVENCIA
Para derrotar a Sedentor temos que crear unha guía de supervivencia.
- É unha guía para entregar a toda poboación afectada.
- A guía axudará a combater paso a paso cada problema de saúde.
Cada vez que resolvas un desafío, deberás anotar unhas instrucións na túa Guía de Supervivencia: protocolos, estratexias, pautas...
Cando a guía estea completa, terás o manual de instrucións para unha vida activa e saudable!
Fagamos a guía de supervivencia!
Aceptas o reto?