Glosario
Depurada
-
Definición:
-
Nun programa, dise dunha versión na que se detectaron erros e se corrixiron. No futuro poderían aparecer novos fallos que precisasen de máis depuración.
-
Exemplo:
-
O teu compañeiro de grupo depurou o teu código e agora o programa funciona ben.
Feedback
-
Definición:
-
En galego, retroalimentación. Adoita utilizarse en inglés para indicar un comentario ou avaliación dun proceso ou actividade, feito por alguén alleo ao grupo de traballo e que ten coma obxectivo corrixir os seus erros ou melloralo.
-
Exemplo:
-
Grazas ao feedback do profe puidemos mellorar o noso programa.
