Na fase 1 descubriches o misterio: tiñas diante o xogo Sensa6, pero faltaban as instrucións e tamén os dispositivos para poñelo en marcha. Na fase 2 deches un paso máis: lembraches contidos básicos de programación, que xa traballaras noutros cursos, e retomaches o papel das controladoras, esas pequenas pezas clave que cobrarán vida ao longo do reto. Agora chega a fase 3, un momento importante no que te vas adentrar de cheo na programación con MicroBlocks.
Ao longo desta etapa aprenderás novos contidos que che servirán para crear as probas do Sensa6: descubrirás os tipos de datos, comprenderás para que serven as variables, practicarás co almacenamento de información en listas e comezarás a construír unha aplicación capaz de reunir un conxunto de programas. Será unha fase para explorar, experimentar, practicar e preparar todo o necesario antes de dar o gran paso: deseñar o produto final.
Lectura facilitada
Na fase 1 descubriches o xogo Sensa6.
Faltaban as instrucións e os dispositivos asociados.
Na fase 2 repasaches programación básica.
Na fase 2 tamén lembraches o papel das controladoras.
Agora comeza a fase 3.
Nesta fase aprenderás a programar con MicroBlocks.
Aprenderás sobre tipos de datos.
Aprenderás para que serven as variables.
Aprenderás a gardar información en listas.
Aprenderás a crear unha aplicación.
Esta fase serve para practicar e preparar o produto final.