Xuntemos estruturas
No seguinte programa combínanse bucles e condicionais para facer un dado do seguinte xeito: mentres mantés premido o botón A, a placa vai alternando entre tres cores. Cando soltas o botón, a alternancia detense e queda fixada unha desas cores, coma se fose o resultado da tirada. Hai tres versións de dado, porque os programas sempre se poden mellorar. Serás quen de facelo?
Dado
Para facer funcionar o dado tes que manter premido o botón A. Unha vez que o soltas amosará o resultado:
- Unha das tres cores principais RGB (en Adafruit PCE).
- Unha das tres imaxes: pedra, papel ou tesoira (en micro:bit).
Dado mellorado
Engadindo esperas, garantes que se poida ver perfectamente o cambio de cores ou formas:
Dado personalizado

- Agora tócache a ti melloralo: modifica o dado para que non se limite a alternar entre as tres cores principais RGB, senón que tamén inclúa as tres cores secundarias CMY. Así terás un dado con seis resultados, un para cada cor.
- Se realizas o exercicio coa placa micro:bit, engade tres novas imaxes; así terás un dado con seis resultados, un para cada imaxe.
Lectura facilitada
Neste programa úsanse bucles e condicionais.
Mentres premes o botón A, a placa vai cambiando.
Cando soltas o botón, queda un resultado fixo.
Hai tres versións do dado.
Dado
Para usar o dado, mantén premido o botón A.
Cando o soltas, aparece o resultado.
- En Adafruit PCE aparece unha das tres cores RGB.
- En micro:bit aparece pedra, papel ou tesoira.
Dado mellorado
Esta versión ten esperas.
Así vense mellor os cambios de cores ou formas.
Dado personalizado

- Mellora o dado para que teña seis cores.
- Podes engadir as tres cores secundarias CMY.
- En micro:bit, engade tres imaxes máis.
- Así terás seis resultados.
Audio
Transcrición da infografía
Dado
Inicio.
Está o botón A premido?
Acende os NeoPíxeles de cor vermella.
Está o botón A premido?
Acende os NeoPíxeles de cor verde.
Está o botón A premido?
Acende os NeoPíxeles de cor azul.
Programa para Adafruit Circuit Playground Express:
Ao comezar.
Por sempre.
Se botón A.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermello 255, verde 0, azul 0.
Se botón A.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermello 0, verde 255, azul 0.
Se botón A.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermello 0, verde 0, azul 255.
Programa para micro:bit:
Ao comezar.
Por sempre.
Se botón A.
Amosa a imaxe cadrado.
Se botón A.
Amosa a imaxe cadrado pequeno.
Se botón A.
Amosa a imaxe tesoira.
Dado mellorado
Inicio.
Apaga todos os NeoPíxeles.
Está o botón A premido?
Acende os NeoPíxeles de cor vermella.
Agarda 50 ms.
Está o botón A premido?
Acende os NeoPíxeles de cor verde.
Agarda 50 ms.
Está o botón A premido?
Acende os NeoPíxeles de cor azul.
Agarda 50 ms.
Programa para Adafruit Circuit Playground Express:
Ao comezar.
Apaga os NeoPíxeles.
Por sempre.
Se botón A.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermello 255, verde 0, azul 0.
Agardar 50 milisegundos.
Se botón A.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermello 0, verde 255, azul 0.
Agardar 50 milisegundos.
Se botón A.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermello 0, verde 0, azul 255.
Agardar 50 milisegundos.
Programa para micro:bit:
Ao comezar.
Limpar pantalla.
Por sempre.
Se botón A.
Amosa a imaxe cadrado.
Agardar 50 milisegundos.
Se botón A.
Amosa a imaxe cadrado pequeno.
Agardar 50 milisegundos.
Se botón A.
Amosa a imaxe tesoira.
Agardar 50 milisegundos.
Con estas novas ordes aseguramos que todas as luces están apagadas ao comezar e visibilizamos mellor o paso da luz vermella, a verde e a azul.
