Saltar navegación

5. IMPRESSións conxuntas

Compartindo coñecemento

Chegou o momento de compartir as vosas presentacións para, entre todas as persoas da aula, debuxar como era a vida de hai 50 anos.

Faredes unha rolda de exposicións grupais, prestando atención ás presentacións do resto de equipos mentres que non é a vosa quenda. Máis adiante, coa rúbrica que atoparedes no seguinte apartado, poderedes coavaliar os produtos do resto de persoas da aula.

Preparádevos para IMPRESSionar os e as vosos/as compañeiros/as!

IMPRESSións conxuntas

Pictograma dunha persoa organizando contido nun taboleiroO guión

Cada equipo preparará o guión da súa exposición, é dicir, o que lle vai contar ao resto da clase.

Lembrade incluír:

  • Unha breve introdución do tema escollido.
  • A comparación entre como era hai 50 anos e como é na actualidade.
  • As conclusións do grupo: identificar os cambios máis importantes, o que vos chamou máis a atención...

Pictograma dunha persoa facendo unha exposición oralA exposición

Cada equipo proxectará a súa presentación e a irá explicando o resto da clase.

Establecede ben a quenda de intervención de cada membro do equipo, xa que todas as persoas integrantes deben participar.

Tede en conta: 

  • Non leades todo o texto, explicade coas vosas palabras.
  • Empregade as diapositivas como apoio, non como guión completo.
  • Falade cun volume adecuado e mirade o público durante a presentación.

Pictograma dun documento avaliado, cunha lupa e unha puntuación de 9A avaliación

Mentres que non estás facendo a túa presentación, debes valorar a do resto de equipos. 

Para iso, emprega a rúbrica de coavaliación que atoparás máis abaixo.

A túa opinión é moi valiosa, así que fai valoracións obxectivas e construtivas.

Lectura facilitada

Agora debedes compartir as vosas presentacións.

Xuntos poderedes coñecer mellor como era a vida de hai 50 anos.

Para isto faredes unha rolda de exposicións grupais.

Cada grupo fará unha exposición do eido escollido.

Prestade atención ás presentacións do resto de equipos mentres que non é a vosa quenda.

Empregaredes a rúbrica que atoparedes no seguinte apartado para coavaliar as presentacións dos outros grupos.

Preparádevos para IMPRESSionar os e as vosos/as compañeiros/as!

IMPRESSións conxuntas

O guión

Lembrade incluír:

  • Unha breve introdución do tema escollido.
  • A comparación entre como era hai 50 anos e como é na actualidade.
  • As conclusións do grupo: identificar os cambios máis importantes, o que vos chamou máis a atención...

A exposición

Cada equipo proxectará a súa presentación.

Tamén a irá explicando o resto da clase.

Establecede ben a quenda de intervención de cada membro do equipo.

Todas as persoas integrantes deben participar.

Tede en conta: 

  • Non leades todo o texto.
  • Empregade as diapositivas como apoio.
  • Falade cun volume adecuado e mirade o público durante a presentación.

A avaliación

Mentres que non estás facendo a túa presentación, debes valorar a do resto de equipos. 

Para iso, emprega a rúbrica de coavaliación que atoparás máis abaixo.

Fai valoracións obxectivas e construtivas.

Rúbrica de coavaliación

Utiliza a seguinte rúbrica para valorar as presentacións dos outros grupos.

Rúbrica de coavaliación das presentacións grupais
 Nivel 1Nivel 2Nivel 3
OrganizaciónA presentación ten unha estrutura clara: introdución, desenvolvemento e conclusión. (2)A presentación ten certa estrutura, pero algunhas partes non están claramente diferenciadas ou están pouco desenvolvidas. (1,5)A presentación carece dunha estrutura clara e as ideas aparecen desordenadas. (0,50)
Deseño das diapositivasO deseño é claro, coidado e facilita a comprensión (tipografía, cores, imaxes, orde). (2)O deseño é aceptable, pero presenta algúns problemas de tipografía, cores, imaxes ou organización que poden dificultar un pouco a comprensión. (1,5)O deseño está pouco coidado e dificulta a comprensión pola mala elección de tipografía, cores, imaxes ou pola falta de orde na información. (0,50)
Recursos visuaisEmprega imaxes, vídeos, animacións ou transicións adecuados que axudan a comprender mellor a información e melloran a presentación. (2)Emprega algúns elementos visuais (imaxes, animacións ou transicións), pero non sempre están ben elixidos ou non achegan moita información. (1,5)Emprega poucos elementos visuais ou non están relacionados co contido da presentación. (0,50)
ContidoOs contidos son correctos, relevantes e explican claramente o tema. (2)Os contidos son en xeral correctos, pero falta información importante ou hai aspectos pouco claros. (1,5)Os contidos son escasos, pouco claros ou conteñen erros. (0,50)
ExplicaciónA explicación é clara e segura, sen ler en exceso. Emprégase vocabulario axeitado. Establécese contacto visual co público. (2)A explicación é aceptable, pero con algo de lectura ou falta de fluidez. Pouco contacto visual co público (1,5)A presentación se le case todo o tempo, non hai claridade, ou non se entende ben a explicación. (0,5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de coavaliación das presentacións grupais (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

O que aprendiches

A continuación, tes un resumo visual de todo o que aprendiches ao longo deste recurso. Reflexiona sobre a súa utilidade e posibilidade de transferencia a outras materias/tarefas académicas.

Na imaxe pódese ver un resumo visual do REA

Transcrición

Comparaches a vida actual coa de hai 50 anos.

Elaboraches unha presentación. Empregaches Impress para:

  • Manexar diapositivas.
  • Dar formatos.
  • Inserir imaxes.
  • Inserir táboas e gráficos.
  • Inserir sons e vídeos.
  • Facer animacións.
  • Aplicar transicións.

Compartiches contido na Rede. Aprendiches acerca de:

  • Sitios onde publicar.
  • Moodle Board.
  • Publicar e interactuar.
  • Netiqueta.

Expuxeches a túa presentación.

Momento de reflexión

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Ao longo desta aventura viaxaches 50 anos atrás no tempo... Non só grazas ao teu traballo, senón tamén ás exposicións do resto de persoas da clase. Imaxínaste como será a vida dentro de 50 anos? Parácheste a pensar algunha vez como pode cambiar a educación, o traballo ou o transporte nese período de tempo?

Reflexiona sobre estas e outras cuestións na fase 5 do teu diario de aprendizaxe, no que tamén tes unha táboa para facer unha autoavaliación do teu traballo ao longo do reto.

A continuación, comenta co resto de grupos as puntuacións deste apartado e fai un resumo das conclusións xerais. 

Lectura facilitada

Ao longo desta aventura viaxaches 50 anos atrás no tempo...

Coa vosa presentación e a do resto dos grupos coñeces mellor como se vivía hai 50 anos.

Imaxínaste como será a vida dentro de 50 anos?

Parácheste a pensar algunha vez como pode cambiar a educación, o traballo ou o transporte nese período de tempo?

Reflexiona sobre estas e outras cuestións na fase 5 do teu diario de aprendizaxe.

Atoparás tamén unha táboa para facer unha autoavaliación do teu traballo ao longo do reto.

Para rematar comenta co resto de grupos as puntuacións deste autoavaliación e fai un resumo das conclusións xerais. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)