Subimos a nosa presentación a un foro
Xa estás a piques de rematar o reto! Finalizada a presentación, agora é o momento de entregala na aula virtual e publicala no Board/Taboleiro para que poidan visualizala o resto dos equipos da clase.
Antes da publicación no Board/Taboleiro, tedes que subir a vosa presentación ao foro que vos indique a persoa docente. Para que a presentación se visualice correctamente, debedes entregar o cartafol do proxecto comprimido en formato .zip. Este cartafol debe ter por nome "Presentacion_GrupoX_Eido_NomeEido", onde "X" será o voso número de grupo de traballo e "NomeEido" o nome do eido do voso proxecto.
Recorda que este cartafol debe conter os seguintes ficheiros:
- Presentación en formato .odp e en formato .pdf.
- Recursos multimedia empregados: imaxes, vídeos, sons, táboas e gráficos.
1. Preme no foro de entrega
2. Preme no botón "Engadir tema de debate"
3. Completa os campos de "Asunto" e "Mensaxe"
- Asunto: escribide o título da vosa presentación.
- Mensaxe: escribide o voso nome e apelidos e o eido no que traballastes.
4. Engade a presentación
Debaixo da caixa de "Mensaxe" atoparás unha ligazón á palabra "Avanzado".
Preme en "Avanzado" e abrirase na parte inferior unha caixa co titulo "Anexo".
Arrastra ou sube a esta caixa de "Anexo" o cartafol comprimido en formato .zip co nome requirido.
5. Envía a presentación ao foro
Recorda premer en "Comentar no foro".

6. Comproba a publicación
Comproba que a vosa entrada aparece agora no listado das entradas deste foro.
Se tedes algunha incidencia ou problema para facer esta entrada no foro non dubidedes en consultar o voso docente.
Lectura facilitada
Estás a piques de rematar o reto.
Agora tes que entregar a presentación.
Entregarás a presentación na aula virtual ou EVA E-Dixgal.
Publicarás a presentación no Board/Taboleiro para que poidan visualizala o resto dos equipos da clase.
Antes terás que subir a presentación ao foro que vos indique a persoa docente.
Debes entregar o cartafol do proxecto comprimido en formato .zip.
Este cartafol debe ter por nome "Presentacion_GrupoX_Eido_NomeEido", onde "X" será o voso número de grupo de traballo e "NomeEido" o nome do eido do voso proxecto.
Recorda que este cartafol debe conter os seguintes ficheiros:
- Presentación en formato .odp e en formato .pdf.
- Recursos multimedia empregados: imaxes, vídeos, sons, táboas e gráficos.
1. Preme no foro de entrega
2. Preme no botón "Engadir tema de debate"
3. Completa os campos de "Asunto" e "Mensaxe"
- Asunto: escribide o título da vosa presentación.
- Mensaxe: escribide o voso nome e apelidos e o eido no que traballastes.
4. Engade a presentación
Debaixo da caixa de "Mensaxe" atoparás unha ligazón á palabra "Avanzado".
Preme en "Avanzado" e abrirase na parte inferior unha caixa co titulo "Anexo".
Arrastra ou sube a esta caixa de "Anexo" o cartafol comprimido en formato .zip co nome requirido.
5. Envía a presentación ao foro
Recorda premer en "Comentar no foro".
6. Comproba a publicación
Comproba que a vosa entrada aparece agora no listado das entradas deste foro.
Se tedes algunha incidencia ou problema para facer esta entrada no foro non dubides en consultar o teu docente.








