A túa presentación debe servir para que o público se somerxa por completo na vida de hai 50 anos... Lembra que non tes un DeLorean como Marty McFly na película de Regreso ao futuro.
Xa recompilaches parte do contido da presentación (información, fotografías...), agora cómpre darlle forma!
Ao longo desta fase, aprenderás a:
Manexar software de presentacións, explorando as súas posibilidades de deseño e organización da información.
Publicar contido na Rede, para visibilizar as túas creacións e compartilas con outras persoas.
Lectura facilitada
A túa presentación será sobre a vida de fai 50 anos.
Axudará a que o público a coñeza mellor.
Xa recompilaches parte do contido da presentación: información, fotografías...
Agora cómpre darlle forma!
Ao longo desta fase, aprenderás a:
Manexar software de presentacións.
Publicar contido na Rede.
Audio
A fórmula
O científico Doc de Regreso ao futuro construíu a súa máquina do tempo empregando apuntamentos, planos, esquemas... Que poderías empregar ti para superar o reto?
Máis abaixo tes a fórmula para acadar o éxito: unha presentación que che explica paso a paso como facer unha boa presentación, coa secuencia de pasos, trucos, consellos...
A presentación é todo o que necesitas, pero ten coidado, porque esa presentación vén do pasado e precisa un toque de modernidade e mellora. Terás ocasión de facelo nos adestramentos dos seguintes apartados.
Polo de agora, preme na imaxe inferior para descargala e gárdaa no teu cartafol do proxecto co nome "Fase3_nomeapelidos_v1.odp".
Existen diferentes programas de presentacións no mercado. Queres coñecelos?
Audio
Software de presentacións
Presentacións de software libre
LibreOffice Impress
LibreOffice Impress é un programa de presentacións libre, é dicir, pódese descargar e usar de balde. É o que ides empregar para o voso reto e prácticas.
Permite facer practicamente todo o que fan programas de pago: colocar e editar títulos e contido, colocar imaxes e gráficos, facer transicións de diapositivas e animacións nelas, crear distintos formatos para as diapositivas... Ademais, é posible modificar o seu código para adaptar o programa ás vosas necesidades e gustos.
Presentacións de software propietario
Microsoft Powerpoint
Microsoft Powerpoint ofrece un programa de presentacións baixo licenza de pago. É un software de escritorio que dispón de ferramentas moi avanzadas que están máis orientadas ao ámbito profesional.
O programa non admite modificacións, xa que o seu código non é aberto como no caso de LibreOffice Impress.
Presentacións de Google (Google Slides)
Google ofrece un programa de presentacións en liña, para as que se precisa ter unha conta de Google e conexión a Internet. Ten funcións menos avanzadas que as versións de escritorio.
A diferenza das anteriores, os datos gárdanse automaticamente na nube e permiten traballo colaborativo en tempo real. Aínda que o seu uso é gratuíto, está suxeito ás condicións de servizo de Google.
Lectura facilitada
Presentacións de software libre
LibreOffice Impress
LibreOffice Impress é un programa de presentacións libre.
Pódese descargar e usar de balde.
É o que usaredes para o voso reto e prácticas.
Permite facer case todo o que fan programas de pago:
Colocar e editar títulos e contido.
Colocar imaxes e gráficos.
Facer transicións de diapositivas e animacións nelas.
Crear distintos formatos para as diapositivas.
Ademais, é posible modificar o seu código.
Así podedes adaptar o programa as vosas necesidades e gustos.
Presentacións de software propietario
Microsoft Powerpoint
Microsoft Powerpoint é un programa de presentacións de pago.
É un software de escritorio.
Dispón de ferramentas moi avanzadas.
Está máis orientado ao ámbito profesional.
O programa non admite modificacións.
O seu código non é aberto como no caso de LibreOffice Impress.
Presentacións de Google (Google Slides)
Google ofrece un programa de presentacións en liña.
É preciso ter unha conta de Google e conexión a Internet.
Ten funcións menos avanzadas cás versións de escritorio.
Os datos gárdanse de xeito automático na nube.
Tamén permiten traballo colaborativo en tempo real.
Aínda que o seu uso é gratuíto, está suxeito ás condicións de servizo de Google.
Audio
Descarga Impress
A continuación podes atopar a ligazón de descarga do LibreOffice, paquete de ofimática ao que pertence o software de presentacións Impress.