Saltar navegación

1. Un salto no tempo

 

Glosario

DeLorean

Fotografía dun coche deportivo antigo de cor gris con tres portas, modelo DeLorean

Definición:

O DeLorean é un coche deportivo dos anos 80, famoso por ser a máquina do tempo da película Regreso ao futuro.

Exemplo:

Na película de Regreso ao futuro, Marty viaxa ao pasado nun DeLorean para cambiar algúns acontecementos da súa historia.

Excéntrico/a

Pictograma dun signo de interrogación cun fondo vermello

Definición:

Unha persoa excéntrica é aquela que se comporta ou viste de maneira pouco común, polo que pode considerarse rara.

Exemplo:

Na película de Regreso ao futuro, o personaxe Doc considérase excéntrico porque constrúe unha máquina do tempo nun coche, leva o pelo sempre revolto e compórtase dun xeito imprevisible.

A máquina do tempo

Nesta década do século XXI todo xira arredor da tecnoloxía e da sociedade da información e da comunicación: teléfonos móbiles, ordenadores, robots, Internet, vídeos, intelixencia artificial... Pero non sempre foi así. Ti non o sabes porque non che tocou vivir outras épocas e, polo de agora, tampouco podes viaxar no tempo... ou si?  

Marty McFly, o protagonista da película Regreso ao futuro non tivo que imaxinar como era o pasado. Coa axuda do excéntrico científico Doc, Marty viaxa no tempo na primeira entrega da saga para situarse nada menos que na xuventude dos seus propios proxenitores. Alí descobre unha realidade moi distinta á súa: costumes e normas sociais diferentes, música e moda que lle resultan estrañas e formas de entender a amizade e o amor que non coñecía. No pasado vive situacións que o deixan completamente sorprendido e lle fan cuestionarse o seu propio presente. A continuación podes ver o tráiler desta famosa película.

E ti? Imaxinas poder viaxar ao pasado?

Lectura facilitada

Na actualidade, a tecnoloxía está moi presente.

Vivimos rodeados de teléfonos móbiles, ordenadores, robots, Internet, vídeos, intelixencia artificial...

Non sempre foi así.

Ti non o sabes porque non che tocou vivir outras épocas.

Tampouco podes viaxar no tempo... ou si?  

Marty McFly é o protagonista da película Regreso ao futuro.

Non tivo que imaxinar como era o pasado.

Coa axuda do excéntrico científico Doc viaxa no tempo.

Sitúase na xuventude do seu pai e a súa nai.

Descobre unha realidade moi distinta á súa:

  • Costumes e normas sociais diferentes.
  • Música e moda que lle resultan estrañas.
  • Formas de entender a amizade e o amor que non coñecía.

No pasado vive situacións que o sorprenden moito.

A continuación podes ver o tráiler desta famosa película.

Imaxina que ti tamén podes viaxar ao pasado.

Pescudamos no pasado!

A película de Regreso ao futuro é unha ficción, pero seguro que podes imaxinarte como sería o mundo hai 50 anos... como cres que sería a escola na que estudaron teus avós e avoas? Xa había ordenadores nas clases? A que xogaban? Como quedaban cos seus amigos e amigas?...

Desliza o rato polas seguintes imaxes que condensan fotografías de dúas épocas diferentes. Seguro que atopas diferenzas importantes entre o mundo no que vives agora e no que vivían os teus antepasados cando tiñan a túa idade.

Educación

Imaxe dunha aula

As aulas de hai 50 anos non tiñan ordenadores; toda a información estaba nos libros.

Tecnoloxía 

Imaxe dunha TV

Non existían as pantallas planas e a maioría das televisións víanse en branco e negro.

Traballo

Traballo

Nas industrias facíase máis traballo de xeito manual.

Transporte

Transporte

Non había coches eléctricos e cómodos; eran máis pequenos e lentos.

Comunicacións

Tecnoloxía

Os teléfonos da época non eran móbiles nin tiñan acceso a Internet.

Moda

Moda

Empregábanse outros materiais e cores para a roupa.

E se non necesitases a Doc e ao seu DeLorean para viaxar ao pasado?

Lectura facilitada

A película de Regreso ao futuro é ficción.

Pero seguro que podes imaxinarte como sería o mundo hai 50 anos...

Como sería a escola na que estudaron teus avós e avoas?

Había ordenadores nas clases?

A que xogaban?

Como quedaban cos seus amigos e amigas?

Bota unha ollada ás seguintes imaxes.

Son fotografías de dúas épocas diferentes.

Seguro que atopas diferenzas importantes entre agora e hai 50 anos.

Educación

Imaxe dunha aula

As aulas de hai 50 anos non tiñan ordenadores. Toda a información estaba nos libros.

Tecnoloxía 

Imaxe dunha TV

Non existían as pantallas planas. A maioría das televisións víanse en branco e negro.

Traballo

Traballo

Nas industrias facíase máis traballo de xeito manual.

Transporte

Transporte

Non había coches eléctricos e cómodos. Eran máis pequenos e lentos.

Comunicacións

Tecnoloxía

Os teléfonos da época non eran móbiles. Tampouco tiñan acceso a Internet.

Moda

Moda

Empregábanse outros materiais e cores para a roupa.

Quizais non necesiten un DeLorean para viaxar ao pasado.

Que vas aprender?

Ao longo deste recurso, vas aprender a:

  • Reelaborar información procedente de fontes fiables.
  • Crear contidos dixitais de xeito colaborativo.
  • Manexar recursos en diferentes formatos (texto, audio, vídeo, son...) e combinalos de xeito coherente.
  • Manexar software para elaborar presentacións dixitais creativas que permitan transmitir información de xeito claro e visual.
  • Publicar información en plataformas dixitais.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)