O reto
As imaxes, a música e os sons teñen o poder de transportarnos a outras épocas e a momentos da nosa vida. Cando están ben seleccionadas e combinadas, son capaces de mergullarnos, aínda que sexa por uns instantes, noutra realidade.
O voso reto consiste en crear e publicar unha presentación dixital que permita ao espectador viaxar 50 anos atrás no tempo. Seredes quen de reconstruír como era o mundo dos vosos avós e avoas? Como se vestían, que escoitaban, como se comunicaban e como era o seu día a día?
Preparádevos para abrir unha pequena fiestra ao pasado.
Que pasos tedes que seguir?
1. Formación de grupos e repartición do traballo
- Traballaredes en grupos de 3 persoas.
- Cada grupo encargarase dun eido da vida de hai 50 anos (comunicacións, transporte etc.).
2. Recompilación de información
- Deseñaredes unha entrevista coa que recoller información de hai 50 anos.
- Recompilaredes imaxes pertencentes ao pasado do voso eido.
- Recordaredes como elaborar gráficas para comparar datos.
3. Deseño do estilo da presentación
- Aprenderedes os pasos para facer unha boa presentación.
- Aprenderedes a usar ferramentas de creación e edición de presentacións.
- Aprenderedes a publicar e compartir as vosas creacións, así como a valorar e comentar as achegas doutros grupos.
- Acordaredes un estilo común para a presentación do voso grupo: modelo de presentación, tipo de letra e tamaños, cores de fondo e tipografía.
4. Elaboración da presentación
- Organizaredes o traballo e repartiredes tarefas entre os membros do grupo.
- Elaboraredes en grupo a presentación para acadar o reto.
5. Publicación da presentación
- Publicaredes a presentación na Rede.
- Visualizaredes e valoraredes as presentacións elaboradas por outros grupos.
6. Posta en común
- Faredes a exposición da vosa presentación.
- Avaliaredes as presentacións elaboradas polos outros grupos.
Lectura facilitada
As imaxes, a música e os sons lévanos a outros momentos da nosa vida.
O voso reto consiste en crear e publicar unha presentación dixital.
Con ela o espectador poderá viaxar 50 anos atrás no tempo.
Teredes que representar o mundo dos vosos avós e avoas.
Amosaredes como se vestían.
Tamén que escoitaban.
Mostraredes como se comunicaban.
Preparádevos para pescudar no pasado.
Que pasos tedes que seguir?
1. Formación de grupos e repartición do traballo
- Traballaredes en grupos de 3 persoas.
- Cada grupo encargarase dun eido da vida de hai 50 anos (comunicacións, transporte etc.).
2. Recompilación de información
- Deseñaredes unha entrevista coa que recoller información de hai 50 anos.
- Recompilaredes imaxes pertencentes ao pasado do voso eido.
- Recordaredes como elaborar gráficas para comparar datos.
3. Deseño do estilo da presentación
- Aprenderedes os pasos para facer unha boa presentación.
- Aprenderedes a usar ferramentas de creación e edición de presentacións.
- Aprenderedes a publicar e compartir as vosas creacións. Tamén a valorar e comentar as achegas doutros grupos.
- Acordaredes un estilo común para a presentación do voso grupo: modelo de presentación, tipo de letra e tamaños, cores de fondo e tipografía.
4. Elaboración da presentación
- Organizaredes o traballo.
- Repartiredes tarefas entre os membros do grupo.
- Elaboraredes a presentación para acadar o reto.
5. Publicación da presentación
- Publicaredes a presentación na Rede.
- Visualizaredes as presentacións doutros grupos.
- Tamén as valoraredes.
6. Posta en común
- Exposición da vosa presentación.
- Avaliación das presentacións doutros grupos.
