Gráficas de sectores
Queres visualizar cantos participantes pertencen a cada categoría, ou cantos atletas son homes e cantas son mulleres? Podes empregar a gráfica de sectores.
Gráficas de sectores
Que son as gráficas de sectores?
As gráficas de sectores son gráficas circulares nas que cada porción representa unha porcentaxe do total.
Para que se empregan?
- Para mostrar proporcións ou porcentaxes.
- Para ver como se reparte un conxunto entre distintos grupos.
Exemplos
- Comparativa do número de participantes en cada categoría nunha proba dos 100 metros lisos
-
Se temos a nosa táboa de adestramento e queremos obter unha gráfica que compare o número de atletas participantes en cada categoría, temos que empregar as funcións correspondentes para contar cantos atletas cumpren que son dun xénero e unha categoría determinadas, para despois, co número de atletas en cada unha das seis opcións, xerar a gráfica de sectores correspondentes, que nos quedaría así:
Lectura facilitada
Queres visualizar cantos participantes pertencen a cada categoría, ou cantos atletas son homes e cantas son mulleres?
Podes empregar a gráfica de sectores.
Gráficas de sectores
Que son as gráficas de sectores?
As gráficas de sectores son gráficas circulares nas que cada porción representa unha porcentaxe do total.
Para que se empregan?
- Para mostrar proporcións ou porcentaxes.
- Para ver como se reparte un conxunto entre distintos grupos.
Exemplos
- Comparativa do número de participantes en cada categoría nunha proba dos 100 metros lisos
-
Se queres obter unha gráfica que compare o número de atletas participantes en cada categoría, tes que:
- Empregar as funcións correspondentes para contar cantos atletas cumpren que son dun xénero e dunha categoría determinada.
- Co número de atletas en cada unha das seis opcións, xera a gráfica de sectores correspondentes.
- O resultado sería o seguinte:



